main content

main content
18/11/201914:11
Mans sobre un teclado.
Santiago de Compostela

A Xunta e o INCIBE colaborarán en materia de ciberseguridade e impulsarán accións de formación e concienciación para cidadáns e empresas

  • Grazas a un convenio asinado recentemente entre a Amtega e o Instituto Nacional de Ciberseguridade
  • O acordo permitirá a transferencia de coñecemento e o intercambio de experiencias e proxectos entre ambas as entidades neste ámbito
  • Tamén promoverá actuacións de sensibilización, concienciación e capacitación para que cidadáns e empresas saiban identificar mellor os posibles riscos do mundo dixital
  • O 90% dos galegos considera recomendable ter máis información para navegar de xeito seguro pola rede
  • O 85,3% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 41,6% das microempresas galegas sinalan que empregan sistemas de seguridade


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) veñen de asinar un acordo de colaboración que, ademais da cooperación institucional neste ámbito, permitirá a posta en marcha de accións de capacitación e concienciación destinadas a cidadáns e empresas.

A sinatura deste acordo enmárcase dentro das medidas do Plan Director de Ciberserguridade da Xunta, que ten entre os seus obxectivos principais protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e crear un clima de confianza para xeneralizar o seu uso por parte de cidadáns e empresas. 

Grazas ao acordo, a Amtega e o Incibe colaborarán na transferencia e intercambio de coñecemento e experiencias ou proxectos de ciberseguridade, tanto a nivel estratéxico como a nivel operativo ou técnico. 

Ademais, impulsarán actuacións de sensibilización, concienciación e capacitación dirixidas a pemes e cidadáns, neste caso especialmente no ámbito de menores, familias, educadores e centros educativos.

Tras a sinatura do acordo, o seguinte fito será a xuntanza da comisión de seguimento, integrada por representantes de ambas as entidades para concretar as actuacións e servizos que se desenvolverán.

Ciberseguridade nas pemes galegas

A ciberseguridade é un elemento clave no proceso de transformación dixital que estamos a vivir e un tema de vital importancia a nivel empresarial. Os últimos datos do Osimga sobre as TIC nas empresas sinalan que no ano 2018 o 85,3% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 41,6% das microempresas galegas empregan sistemas de seguridade. Entre as microempresas este indicador increméntase en 2 puntos porcentuais con respecto ao ano anterior.

Por outra banda, respecto a percepción dos cidadáns sobre os riscos no mundo dixital, un estudo do Osimga sinala que o 90% dos galegos considera recomendable ter máis información para navegar de xeito seguro pola rede

INCIBE

O  INCIBE é unha sociedade estatal adscrita ao Ministerio de Economía e Empresa a través da Secretaría de Estado para o Avance Dixital que se ocupa do desenvolvemento de actuacións de ciberseguridade e de promover a confianza dixital de cidadáns, e empresas, especialmente para sectores estratéxicos.

Esta entidade estatal coordina actuacións e esforzos co resto de organismos públicos e privados, nacionais e internacionais, que traballan nesta materia.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS