main content

main content
23/10/201912:10
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

Mar Pereira sinala a importancia do acompañamento xurídico na implantación da intelixencia artificial e doutras tecnoloxías disruptivas

  • A directora da Amtega inaugurou hoxe a IX Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos que este ano afonda nesta tendencia tecnolóxica
  • A responsable autonómica destacou que a Estratexia dixital 2030 busca posicionar a Galicia nas novas tendencias tecnolóxicas con maior potencial cara a vindeira década

 

A Intelixencia Artificial e a súas aplicacións e implicacións no ámbito xudicial centran o contido da IX Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, Iuristicgal, que se celebra hoxe na Cidade da Cultura. Este encontro foi inaugurado hoxe pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente do Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), Marcos Mata.

A directora da Axencia autonómica, Mar Pereira, sinalou que a futura Estratexia Dixital de Galicia 2030, actualmente en fase de elaboración, fará foco nas oportunidades de aplicar novas tendencias tecnolóxicas en todos os ámbitos da economía. Neste sentido, recalcou que a implantación destas novas tecnoloxías debe ser interdisciplinar e destacou a importancia do acompañamento xurídico no proceso.

Outros dos obxectivos para a vindeira década serán os de buscar solucións para diminuír a fenda entre a demanda e a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais avanzadas e o impulso ao emprendemento tecnolóxico.

A futura estratexia galega pivotará sobre catro vectores, aliñados coas directrices europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.

Dixitalización da Xustiza

A máxima responsable da política tecnolóxica da Xunta sinalou que nesta última década Galicia esforzouse en sentar as bases dunha dixitalización que capacita á Comunidade para enfrontar os retos do novo decenio que estamos a piques de iniciar.

No ámbito xudicial, Galicia leva desenvolvendo, desde 2009 e en estreita colaboración co ámbito xudicial, un proceso de transformación dixital que se atopa nun camiño de consolidación con todas as pezas do expediente xudicial electrónico en marcha e que está a facilitar aos profesionais do ámbito xudicial as ferramentas necesarias para unha xustiza do século XXI como sistemas e dispositivos para que xuíces e fiscais poidan desenvolver o seu traballo en mobilidade, salas de vistas integramente dixitais, declaracións a través de videoconferencia que evitan desprazamentos e as primeiras demandas online.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS