main content

main content
23/10/201908:10
Duplicado virtual dun barco.
Santiago de Compostela

A Amtega e a AETG organizan a conferencia “Xemelgos Dixitais e o reto dos Buques Intelixentes”

  • Será impartida o 28 de outubro na Cidade da Cultura polos enxeñeiros e Directores de Navantia, Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo
  • O evento está dirixido tanto ao sector tecnolóxicos como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan o 28 de outubro a conferencia “Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes”, que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas do convenio firmado ente Amtega e AETG.

A charla será no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura (ás 11:15h) e impartirana os enxeñeiros e Directores de Navantia, Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo

No evento presentarase unha visión xeral do plan de transformación que dará lugar ao Xemelgo Dixital no entorno da construción naval, abordarán os retos e oportunidades desta tecnoloxía e a súa implicación no ecosistema naval e marítimo, finalizando cunha exposición dun caso de aplicación nos futuros buques da Armada Española.

Destinatarios e inscricións

A xornada está dirixida tanto ao sector TIC como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas

As persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia enviando un correo a comunicacion@aetg.gal

Servizo de asesoramento a concellos 

Esta conferencia nace como unha iniciativa da Oficina de Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa Amtega.

A Oficina de Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS