main content

main content
21/10/201914:10
Feijóo probando unha das 'experiencias' que se ofrecen nas 'aulas Newton'.
Lugo

Feijóo refírese ás Aulas Newton como a constatación da aposta de Galicia pola innovación e o sector aeronáutico que permitirá a máis de medio millar de alumnos alimentar a súa vocación tecnolóxica

  • O titular da Xunta participou esta mañá no lanzamento desde a cidade de Lugo do proxecto Newton, que percorrerá toda Europa
  • Salienta que este proxecto fomentará un coñecemento científico-técnico que servirá para formar aos futuros profesionais do I+D e da industria de Galicia
  • Resalta o compromiso de converter Galicia nun referente no sector aeronáutico co Polo aeroespacial de Rozas
  • Agradece o compromiso de empresas como Boeing e First Scandinavia e administracións que fixeron posible que esta iniciativa se consolidase
  • Incide na importancia de seguir atraendo empresas punteiras do sector aeronáutico, fomentando vocacións e reforzando o labor dos centros de coñecemento e impulsando unha formación atenta ás necesidades da industria

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ás aulas Newton como a constatación do compromiso de Galicia coa innovación e o sector aeronáutico que permitirá a máis de medio millar de estudantes da provincia de Lugo alimentar a súa vocación tecnolóxica.

Durante o lanzamento do proxecto desde a cidade de Lugo, e que percorrerá toda Europa, Feijóo agradeceu o compromiso de empresas –Boeing e First Scandinavia- e administracións -do Concello de Lugo, da Consellería de Educación e da Consellería de Economía- que fixeron posible que esta iniciativa se consolidase, situando a Galicia como un destacado axente educativo. Non en van, estas aulas fomentarán un coñecemento científico-técnico que servirá para formar aos futuros profesionais do I+D e da industria de Galicia.

“Co fomento dos coñecementos STEM, particularmente das matemáticas e do aeronáutico, podemos estar formando á próxima xeración de pilotos, de controladores aéreos, de mecánicos, de enxeñeiros aeronáuticos ou de deseñadores da industria aeroespacial, por exemplo. Nas súas mans estará resolver os retos do futuro grazas ás novas tecnoloxías: a mobilidade, a electrificación, os medios de transporte ou a transición enerxética, entre outras”, abundou, aseverando que a Aula Newton representa unha revolución educativa polos seus compoñentes móbiles e polos seus contidos educativos, consolidando un proxecto centrado na diversificación cara a novos sectores industriais.

Sobre este último punto, o responsable do Executivo autonómico destacou a aposta de Galicia por converterse nun referente no sector aeronáutico co Polo aeroespacial de Rozas, que conta unha incubadora de proxectos, que xa está a dar os seus froitos cunha mobilización de 164 millóns de euros de investimento público-privado e coa creación de preto de 480 postos de traballo.

“Estamos traballando con empresas e centros tecnolóxicos que aportan a Galicia coñecemento, a través de proxectos de I+D+i; solucións que repercuten directamente na calidade de vida dos cidadáns, como a mellora na seguridade da frota pesqueira, servizos na loita contra os incendios ou incluso a protección cardiovascular no Camiño de Santiago, ademais de equipamentos e infraestruturas; e de potencial emprendedor”, explicou, subliñando o papel decisivo que xoga neste último eido o Business Factory Aero, como incubadora e aceleradora de proxectos empresariais.

Feijóo incidiu na importancia de seguir atraendo empresas punteiras do sector aeronáutico, fomentando vocacións e reforzando o labor dos centros de coñecemento e impulsando unha formación atenta ás necesidades da industria. Para iso, recordou que os vindeiros orzamentos autonómicos incluirán unha partida de máis de 15 millóns de euros para consolidar o Polo aeroespacial de Rozas, un dos eixes da Galicia innovadora da vindeira década.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS