main content

main content
30/06/201608:06
Logo 1 mes 1 profesión dixital
Santiago de Compostela

A creatividade e os contidos centran o novo faladoiro dixital organizado pola Amtega e o CPEIG

  • A xornada, que se celebra o 8 de xullo en Santiago, forma parte da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital
  • A asistencia é de balde previa inscrición a través da web do CPEIG

Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) desenvolverase o vindeiro 8 de xullo dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro, que analizará a creatividade dixital, desenvolverase no Edificio Cinc da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, de 09.45h a 14.00h.

Tras a benvida institucional a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, intervirá Juan Corro, director académico de U-Tad, centro universitario referente na formación de futuros líderes do mundo dixital, quen se encargará de disertar sobre a “Formación e emprego na revolución dos contidos”.

A continuación dun breve descanso, falará Manuel Meijide, director de ILUX Visual Technologies e experto no deseño e desenvolvemento de proxectos integrais no eido das “smart cities”, quen abordará a charla “Mundos dixitais e novos media”. Coma último relator da xornada intervirá Roberto Romero, fundador de Future Lighthouse e desenvolvedor de realidade virtual, quen falará de “Realidade virtual, novos horizontes”.

Para finalizar o “Faladoiro dixital arredor da creatividade dixital”, celebrarase unha mesa redonda aberta ás preguntas dos asistentes.

As persoas interesadas en asistiren poden inscribirse xa de balde no enderezo eventos@cpeig.gal e tamén través da web www.profesionsdixitais.org, onde atoparán máis información do programa e dos relatores.

 

1 mes, 1 profesión dixital
A campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou a súa segunda edición o mes pasado en Ourense, abordando as oportunidades profesionais e boas prácticas ao redor do Big Data. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado no presente ano entre o CPEIG e a Amtega.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS