A Plataforma de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente, eVIA, lanza o III Certame Premio Innova eVIA 2016 dirixido a entidades españolas que aposten pola innovación tecnolóxica, e en especial a PEMES e emprendedores.
Tralas exitosas convocatorias de 2014 e 2015, o obxectivo principal do certame para este ano mantívose invariable: premiar o esforzo e a excelencia científica e innovadora das solucións e servizos no ámbito das tecnoloxías aplicadas á Saúde e a Vida Activa e Independente.
A Terceira Edición do Certame PREMIO INNOVA eVIA mantén as dúas categorías de premios: Categoria Innova PEME e Categoria Innova eVIA Proxecto.
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto desde o 13 de Xuño até o vindeiro mércores 14 de setembro de 2016 ás 24:00 horas.