main content

main content
30/05/201914:05
Foto dos premiados de
Santiago de Compostela

O programa ‘Connecting for Good Galicia’ outorga 35.000 euros aos mellores proxectos innovadores da súa terceira edición

  • Entre os 6 proxectos participantes a Xunta premiou cunha axuda de 25.000 euros ao “Mellor Proxecto” da convocatoria, que este ano recaeu en Atlante Medical
  • A Fundación Vodafone concedeu o Premio “Conectados pola Accesibilidade”, valorado en 10.000 euros, ao proxecto Quiero Un Abuelo por ser o que mellor incorporou os principios de accesibilidade universal
  • As seis iniciativas participantes promoven o desenvolvemento de solucións innovadoras con tecnoloxías accesibles para persoas con discapacidade e persoas maiores


O programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ concedeu hoxe 35.000 euros aos mellores proxectos tecnolóxicos da súa convocatoria 2018. Estes recoñecementos foron outorgados no acto de clausura da terceira edición do programa, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura.
 
‘Connecting for Good Galicia’ é un programa impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da Fundación Vodafone España. O seu obxectivo é desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital en calquera dos ámbitos recolleitos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo cara aos colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores. 

Os seis proxectos participantes da súa terceira edición foron Atlante Medical, CropDeal, Feedcoo, Fisioadvisor, MyOpen e Quiero un abuelo. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), concedeu unha axuda de 25.000 euros ao mellor proxecto da convocatoria polo seu carácter innovador, traballo en equipo, aproximación ao mercado e aproveitamento do programa na súa execución e posta en marcha. O proxecto elixido foi Atlante Medical, un proxecto orientado ao sector da medicina e baseado na obtención de modelos tridimensionais, que ten o obxectivo de proporcionar directamente ao profesional médico un produto final físico, extraído do modelo tridimensional do paciente, co que diagnosticar ou tratar, aumentando a precisión e reducindo os tempos de espera e de tratamento.

Ademais, Fundación Vodafone España outorgou o Premio “Conectados pola Accesibilidade” ao proxecto Quiero un abuelo con 10.000 euros, por ser o que mellor incorporou os Principios de Accesibilidade Universal. Quiero un Abuelo é un proxecto interxeneracional para conectar a persoas maiores con nenas e nenos, co obxectivo de paliar a soidade das persoas maiores e as dificultades de conexión coas novas xeracións.

Todos os proxectos participantes recibiron o diploma acreditativo e un patrocinio de 2.000 euros cada un tras completar o programa de formación e mentoring que se impartiu no espazo ‘Vodafone Connecting for Good’, situado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Esta iniciativa enmárcase no Pacto Dixital de Galicia, impulsado pola Amtega, e na rede de aceleradoras de empresas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia apoia a través da plataforma StartIN Galicia, que desde 2014 ten impulsado máis de 900 proxectos. Ademais, esta aceleradora de innovación social está aliñada coa Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, que persegue a través do seu reto 3 acadar un novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo, especialmente no ámbito da terceira idade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS