main content

main content
03/05/201913:05
Inauguración de Technium R.
Ourense

A Xunta destaca que o Technium R encounter de Ourense permite achegar aos máis novos as ferramentas da fábrica do futuro

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na inauguración do evento que reúne ata o domingo a arredor de 500 afeccionados e profesionais da informática
  • Sinala que esta cita é unha gran oportunidade para coñecer as últimas novidades tecnolóxicas que xa están no mercado
     

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe en Ourense que o Technium R Encounter, que reúne durante toda a fin de semana a arredor de 500 afeccionados e profesionais da informática, permite achegar aos máis novos dun xeito lúdico tecnoloxías como a realidade virtual, a robótica ou a impresión 3D, ferramentas de traballo da fábrica do futuro.

Na súa intervención, o conselleiro apuntou que esta cita, que promove o intercambio de coñecementos e que inclúe distintas actividades como obradoiros e conferencias, é unha gran oportunidade para coñecer as últimas novidades tecnolóxicas que xa están no mercado.

Do mesmo xeito, fixo fincapé en que esta cita está centrada no talento e na creatividade, e contribúe a que a sociedade galega vaia incorporando as novas tecnoloxías desde o punto de vista da actividade económica, favorecendo que o talento vinculado á informática reverta no tecido empresarial.

Francisco Conde sinalou que a cuarta revolución industrial está a facer da tecnoloxía dixital o gran elemento transformador, apuntando que calquera empresa que queira ser hoxe en día competitiva e eficiente ten que dar o salto dixital.

Nese sentido, cómpre sinalar que en Galicia as empresas aumentaron nun 80% o investimento en tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), ata superar os 364 millóns de euros. Ademais, un 13% das empresas galegas con 10 ou máis traballadores xa emprega robots, o que sitúa a Comunidade dous puntos por riba da media estatal.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS