main content

main content
30/04/201912:04
Convenio IGCC - Fegaus.
Santiago de Compostela

A Xunta e os universitarios séniors promoven o consumo responsable entre as persoas maiores

  • A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asinou onte o convenio entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus)
  • O convenio inclúe a celebración de cinco seminarios centrados nas compras a través de internet ou fora dos establecementos mercantís, a contratación de servizos de asistencia técnica, telefonía, e internet ou a factura da luz e do gas

 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asinou onte o convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, que agrupa ás asociacións de alumnos e ex alumnos dos programas de maiores das tres universidades de Galicia, para promover o consumo responsable entre as persoas maiores.

O acordo permitirá a realización conxunta de actuacións formativas sobre consumo responsable dirixidas especificamente ás persoas maiores. Así, incluirá a realización de cinco seminarios sobre diferentes temáticas de consumo responsable de interese para as persoas maiores, como consellos para mercar a través de internet, fora de establecementos mercantís, a factura da luz e do gas, o novo bono social, a telefonía e asistencias técnicas, así como os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e a resolución de conflitos de consumo nos devanditos ámbitos.

Os seminarios, deseñados e impartidos pola Escola Galega do Consumo, impartiranse a través da plataforma de Fegaus, Ágora Canal Sénior, nas seguintes modalidades: presencial (nas instalacións do IGCC), telepresencial (mediante a propia plataforma de teleformación de Fegaus) e online (na videoteca de Fegaus). Os interesados en asistir a estes seminarios, que se desenvolverán ata o outono, poderán solicitar a súa reserva de praza a través da plataforma de Fegaus Ágora Canal Sénior, http://canalsenior.es/fegaus/.

As actividades que se impartirán de acordo a este convenio forman parte do programa de accións formativas que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia realiza para promover o consumo responsable entre a poboación galega, desde escolares ata persoas adultas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS