main content

main content
08/04/201907:04
Código fonte nun monitor.
Santiago de Compostela

A Amtega publica como software libre novas versións do seu arquetipo para desenvolver aplicacións web

  • Ofrece unha base sobre a que construír novas aplicacións web e facilita a publicación como software libre das novas solucións que o empreguen
  • A liberación deste arquetipo facilita a súa reutilización por parte doutras administracións e de calquera outra entidade ou particular, así como a colaboración para a súa mellora


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica como software libre novas versións do seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións web. O código fonte liberado baixo unha licenza de software libre pode atoparse xa no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-spw/).

Esta liberación ofrece unha versión do arquetipo para o desenvolvemento de aplicacións web, que inclúe diversas melloras. Ademais, tras o interese despertado, publícanse tamén dúas novas versións do arquetipo especificamente adaptadas a dous dos servidores de aplicacións web máis empregados na actualidade, Apache Tomcat e WebLogic.

A nova versión xeral liberada, a 1.5.0, inclúe tamén a actualización de diversos compoñentes transversais que xa foran liberados xunto coa primeira versión do arquetipo e que agora se actualizan tamén con novas melloras. Estes compoñentes que se empregan normalmente co arquetipo poden ser empregados tamén de xeito individual e reutilizados en moitos casos de uso.

Arquetipo de aplicacións Java Spring Web

Spring é un entorno de traballo, para desenvolver aplicacións web usando a linguaxe de programación Java. O arquetipo pódese entender como un esqueleto común para a realización de aplicacións, que inclúe xa unha base a partir da cal se poden desenvolver funcionalidades máis específicas.

Este arquetipo xurde como un obxectivo interno de homoxeneizar e estandarizar todos os desenvolvementos realizados con esta tecnoloxía, cumprindo tamén cos estándares Java da Amtega o que facilita tamén o traballo aos provedores tecnolóxicos, e fomentar tamén na comunidade o desenvolvemento e reutilización de compoñentes transversais.

Esta liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia e contou coa participación da Oficina de Software Libre da Amtega, quen elaborou un informe técnico que garante a viabilidade xurídica da liberación e as condicións nas que se pode realizar. O Arquetipo publícase cunha licenza libre ASLv2 (Apache Software License version 2) e tamén baixo a EUPL (European Union Public License).

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS