main content

main content
03/04/201908:04
Tres estudantes participantes non programa
Vigo

Cinco alumnos galegos convértense en SIVSA en "Tecnólogos por un día"

  • Cinco estudantes galegos pertencentes aos institutos de Educación Secundaria Castelao, Monte Carrasco, Carlos Casares e Beade visitaron SIVSA durante as últimas semanas para coñecer, en primeira persoa, como é o día a día nunha empresa TIC.

 

Acompañados por membros do noso equipo percorreron as instalacións da nosa sede central e puideron experimentar o traballo que se desenvolve en áreas de proxectos I+D+i, sistemas ou desenvolvemento para coñecer de preto o funcionamento dunha empresa tecnolóxica e o labor dos seus profesionais, levándose así unha fotografía completa da nosa actividade.

Forman parte dos 65 alumnos galegos, de entre 12 e 17 anos, que ao longo deste mes están participado na actividade Tecnólogo por un día, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020 (DigiTalent), e que ten como obxectivo fomentar as vocacións STEM, achegando aos máis novos as profesións científico-tecnolóxicas.

Dous destes alumnos, cóntannos como viviron a experiencia.

 

Xoel Moure, 16 anos, estudante do IES Castelao

"A miña intención é estudar unha FP en informática ou TIC e pareceume moi interesante poder participar nesta iniciativa e coñecer como se traballa nunha empresa TIC por dentro. Foi unha experiencia moi positiva e repetiríaa sen dubidalo porque che permite ver cos teus propios ollos como é o traballo e ter a oportunidade de que cho expliquen".

Hugo Álvarez, 14 anos, estudante do IES Monte Carrasco

"Gústame estar cos computadores e a tecnoloxía en xeral. De maior quero dedicarme ao mundo TIC, non teño claro aínda a rama, pero si que a algo relacionado coa tecnoloxía, e pareceume interesante coñecer como se traballaba nunha empresa TIC".

 

Esta é a segunda edición da iniciativa e rexistrou máis de 200 solicitudes de 50 centros educativos de máis de 25 concellos galegos, o que supón o dobre que na primeira.

A Amtega poñerá en marcha unha nova convocatoria no segundo semestre de 2019 para continuar achegando aos mozos ás profesións TIC. Nesta nova quenda procurarase contribuír a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM, reservando un terzo das prazas para nenas co obxectivo de reforzar o atractivo vocacional destas mozas polas profesións TIC.

En SIVSA esperamos que esta sexa a primeira doutras moitas visitas de mozos interesados no sector TIC e que, con ela, contribuamos a fomentar a súa vocación por este apaixonante mundo, poñer un pouco de luz nas súas dúbidas profesionais e, sobre todo, atraer moito talento TIC entre as futuras xeracións.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS