main content

main content
01/04/201908:04
Portada do Plan DicoMindset.
Santiago de Compostela

A Amtega licita a plataforma que permitirá á televisión pública autonómica ofrecer contidos dixitais innovadores

  • O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o vindeiro 8 de abril
  • Esta licitación elaborouse tras as consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado a finais do ano 2018 por ambas entidades
  • A iniciativa enmarcase no Plan DicoMindset e permitirá ofrecer contidos interactivos de calidade que contribúan a mellorar a experiencia formativa de rapaces en idade escolar
  • Crearanse contidos multimedia adaptados aos comportamentos dos usuarios grazas ao emprego de técnicas de análise baseadas en Big Data

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou este mes de marzo a licitación para deseñar e implementar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá ás persoas máis novas experiencias dixitais formativas adaptadas aos hábitos de consumo actuais. É unha das iniciativas enmarcadas no Plan DicoMindset para impulsar o sector dos contidos dixitais en Galicia.

Esta licitación, cun importe superior a 1,3 millóns de euros, é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado a finais do ano 2018 por ambas entidades. Para a elaboración dos pregos examináronse as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións de empresas) que participaron no proceso.

As empresas poderán presentar propostas ata o próximo 8 de abril. Nunha primeira fase, a Amtega seleccionará ás sete empresas que obteñan unha maior valoración para participar nun proceso de negociación. O procedemento con negociación constitúe unha das modalidades para a adxudicación dos contratos administrativos da nova lei de contratos e está ligado á presentación dun proxecto ou solucións innovadoras.

Tras efectuar consultas cos candidatos seleccionados e negociar as condicións do contrato, adxudicarase o mesmo á empresa que presente a mellor e máis innovadora oferta.

Contidos dixitais interactivos

Con esta iniciativa a televisión pública autonómica contará cunha plataforma que lle permitirá ofrecer contidos divulgativos de ámbito científico e tecnolóxico para rapaces en idade escolar.

Empregará técnicas de gamificación, Big Data ou Intelixencia Artificial, entre outras que permitirán analizar os comportamentos da audiencia e crear experiencias personalizadas.

Ademais, para mellorar a experiencia de usuario incorporaranse as segundas pantallas, así como a creación de contidos específicos baseados nas últimas tendencias tecnolóxicas como a realidade aumentada, realidade virtual, hologramas etc...

Plan DicoMindset

O Plan de impulso ao sector dos contidos dixitais, DicoMindset, que está a desenvolver a Amtega, en colaboración con distintas entidades do ámbito público (Igape, CRTVG, Agadic, etc.), e axentes do ámbito privado (Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras..) conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no período 2018-2020.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS