main content

main content
05/03/201908:03
Logo Alastria.
Santiago de Compostela

A Xunta, a través da Amtega, incorpórase á rede Alastria para aplicar a tecnoloxía Blockchain á xestión pública

  • Alastria é un consorcio multisectorial sen ánimo de lucro, conformado por preto de 300 entidades, para favorecer a implantación, estandarización, protección e utilización do Blockchain en España
  • Un acordo asinado recentemente entre ambas entidades permitirá a creación dun nodo galego desta tecnoloxía


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de formalizar un acordo de colaboración con Alastria, co obxectivo aplicar a tecnoloxía Blockchain á xestión pública.

En virtude do acordo a Administración autonómica poderá crear o seu propio nodo de Blokchain na rede de Alastria, beneficiándose dos protocolos da Asociación. Deste xeito, desde Galicia poderanse xerar pilotos con esta tecnoloxía ao servizo da investigación, a formación e a experimentación nesta tecnoloxía

Entre os compromisos adquiridos por ambas entidades está o de sumar esforzos para facilitar un mellor coñecemento e difusión do Blockchain no ecosistema dixital galego así como explorar as posibilidades de mellora da actuación administrativa e a prestación dos servizos públicos a través da utilización desta tecnoloxía.

Ademais, o acordo tamén contempla a realización de programas conxuntos ou accións específicas para desenvolver proxectos de investigación e innovación neste ámbito e facilitar o intercambio de información sobre a elaboración de estándares e o seguimento de observatorios e foros.

Alastria é un consorcio multisectorial sen ánimo de lucro, conformado por preto de 300 entidades, entre empresas, administracións públicas e universidades, que ten como obxectivo fundamental favorecer a implantación, estandarización, protección e utilización do Blockchain en España acorde co regulamento europeo. 

 

Blockchain
O “Blockchain” é unha tecnoloxía que permite gardar “bloques de información” conectados entre si en diferentes equipos, en lugar de condensar toda a información nun só lugar. Así, se se producise un fallo nunha plataforma de almacenamento, existen copias da información noutros lugares, o que o fai máis seguro que un sistema normal.

Ademais, a información está cifrada e non existe a posibilidade de eliminar ou modificar a xa existente só engadir nova, o que favorece a transparencia. As principais vantaxes desta tecnoloxía son a eliminación de intermediarios, a ausencia de posicións dominantes e o aumento da contorna de seguridade nas operacións.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS