main content

main content
06/02/201908:02
Pantallazo da web da rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Santiago de Compostela

A Xunta integra outras 80 bibliotecas públicas na plataforma única de xestión

  • Permite o acceso dos usuarios a todos os fondos da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e á plataforma de préstamo online GaliciaLe cun único carné
  • Facilita o traballo dos técnicos bibliotecarios e favorece unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles grazas á integración de datos
  • Ao remate do ano serán preto de 200 as bibliotecas públicas integradas no sistema


Un total de 80 bibliotecas municipais disporán ao longo deste ano do sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software libre de código aberto que está a permitir a integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia nun contorna unificada, tanto para o traballo dos técnicos das bibliotecas como para a consulta dos catálogos das bibliotecas de Galicia por parte de calquera usuario.

Actualmente son 110 as bibliotecas que dispoñen deste sistema de xestión, que se comezou a implantar en 2016 e que ao remate do ano terá incorporado preto de 200 bibliotecas e axencias de lectura públicas.

 

Carné único
O novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral tras a creación dun catálogo único, accesible a través da web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal. Entre as vantaxes que perciben os usuarios está o acceso, cun carné único de bibliotecas, aos servizos de todas as bibliotecas públicas integrada e a posibilidade de facer xestións en liña como a solicitude do propio carné, reservas, renovacións... así como xestionar a petición de libros a través da plataforma GaliciaLe, un sistema pioneiro de préstamo de libro electrónico. 

Así mesmo, con este sistema tamén se logra homoxeneizar e simplificar a catalogación das coleccións e, en definitiva, camíñase cara ao funcionamento común dos centros integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como cara á mellora do servizo para os usuarios. 

 

Sistema moderno, eficiente e accesible 
A integración no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia supón impulsar un sistema bibliotecario máis desenvolvido e moderno, permite que a cidadanía poida acceder aos servizos de todas as bibliotecas públicas da rede, mellora a visibilidade dos fondos dos centros –debido a que se pode consultar a través dunha páxina única en liña en que biblioteca está o documento que se busca e reservalo–, e favorece unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles grazas á integración de datos. 

 

Un proceso de integración progresiva
O proceso de integración iniciouse en 2016 coa incorporación ao catálogo colectivo un total de 43 bibliotecas , durante 2017, avanzouse na segunda fase, que se completou en xaneiro de 2018 coa integración dun total de 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais. Agora comeza una terceira fase que contempla a incorporación doutras 80 bibliotecas públicas municipais. Trátase dun proceso de incorporación progresiva das preto de 370 bibliotecas que conforman a rede e que abordará tamén a integración das bibliotecas dos centros públicos escolares. 

 

Investimento
Esta actuación enmárcase no proceso de dixitalización da rede pública de bibliotecas que conta cun investimento preto de 2 millóns de euros no período 2016-2020, cofinanciados con fondos FEDER, para o desenvolvemento e implantación do sistema, a dotación de equipamento tecnolóxico e ampliación dos servizos aos usuarios.

A creación deste catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia forma parte da carteira de servizos dixitais que a Xunta está a poñer a disposición dos concellos a través de nove convenios de colaboración coa Fegamp para impulsar a dixitalización das entidades locais. Todas estas iniciativas enmárcanse na Axenda Dixital de Galicia 2020, que ten definida unha liña específica de actuación para facilitar a accesibilidade dixital ao patrimonio cultural galego.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS