main content

main content
25/01/201914:01
Digitalent.
Santiago de Compostela

A Amtega abre hoxe o prazo de inscrición da iniciativa tecnólogo por un día con 65 prazas para achegar os máis novos ás profesións TIC

  • Estudantes de 12 a 17 anos poderán inscribirse a través do persoal docente dos seus centros educativos ata o próximo 8 de febreiro
  • Esta programa, enmarcado no Plan DigiTalent, ofrece ao alumnado a posibilidade de compartir unha xornada laboral nalgún dos centros de traballos da ducia de empresas tecnolóxicas implicadas na iniciativa
  • Tras o éxito da primeira edición, ampliáronse en máis dun 70% as prazas dispoñibles
  • Todos os participantes na anterior edición volverían a repetir a experiencia e máis do 85% considera que a actividade axudoulle a aclarar as súas dúbidas vocacionais


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre hoxe o prazo de inscrición de Tecnólogo por un día, unha das iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para reducir a fenda entre a demanda e a oferta de perfís profesionais dixitais en Galicia. 

Dirixido a estudantes de 12 a 17 anos, Tecnólogo por un día, ofrece a posibilidade de experimentar en primeira persoa un día de traballo nunha empresa tecnolóxica. Desde hoxe e ata o próximo 8 de febreiro está aberto o prazo para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en participar cumprimentando o formulario dispoñible no espazo web DigiTalent. 

As 65 prazas dispoñibles nesta edición asignaranse aplicando o resultado dun sorteo considerando as preferencias dos participantes e, posteriormente, serán as empresas as que se poñan en contacto con eles para concretar a data e o horario da xornada que resulte conveniente para ambos.

 

Visitas a preto de 20 centros de traballo
Unha vez rematado o período de inscrición, as visitas ás empresas desenvolveranse entre o 18 de febreiro e o 22 de marzo, datas nas que se acollerá nos 19 centros de traballo das empresas colaboradoras aos 65 participantes que resulten seleccionados nesta edición. Ao longo destas xornadas o alumnado participará directamente das actividades que os profesionais teñan na súa axenda como sesións de traballo, reunións con clientes e socios tecnolóxicos, etc.

 

Incremento dun 71% das prazas
Tecnólogo por un día comezou este curso 2018/19 cunha gran acollida, rexistrando máis de 100 solicitudes de inscrición de máis de 20 centros educativos distintos. O alumnado participante na primeira edición tivo a oportunidade de coñecer de cerca a aplicación das TIC en sectores como a administración, a educación, a industria ou o transporte, entre outras. 

A valoración recibida por parte destes rapaces apunta a que o seu grao de satisfacción coa actividade foi moi alto. Todos volverían a repetir a experiencia e máis do 85% considera que participar na actividade lle ten axudado a aclarar as súas dúbidas vocacionais.

Así, debido a esta boa acollida e o interese espertado, a Amtega xunto co sector TIC galego traballaron conxuntamente para incrementar as prazas nunha segunda edición do programa, ampliando a oferta nun 71%. 

Nesta ocasión, repiten experiencia as organizacións que xa se implicaron no seu comezo Altia, everis, Televés e a propia Amtega, e cóntase coa participación de 11 novos colaboradores: Coremain, DXC Technology, Orange, R, Sivsa e os socios do Clúster TIC Galicia, 3.14 Financial Contents, Aldaba, Cinfo, Dos Espacios, Sixtema e Tecalis.

 

Un Plan vivo
O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, concibiuse como un plan vivo e conectado coa realidade galega en canto á xeración e retención do talento vinculado á economía dixital.

Este Plan articúlase a través dun catálogo, de máis dunha trintena de actuacións que abranguen todo rango de idades, no que colaboran coa Amtega todos os axentes do ecosistema dixital destacando a implicación das empresas asinantes do Pacto Dixital que lideran integramente unha ducia destas actuacións.

 

Catálogo de actuacións DigiTalent
O catálogo de actuacións DigiTalent está dispoñible no espazo web https://amtega.xunta.gal/digitalent, en constante actualización, para ofrecer todas as novidades e os detalles de todas as actividades así como as instrucións para participar nas mesmas. Catro meses despois do seu lanzamento a principio deste curso 20 actuacións xa se puxeron en marcha ou están listas para activarse e reforzouse con 4 novas iniciativas que contribúen aos obxectivos do Plan DigiTalent.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS