main content

main content
07/01/201909:01
Man sostendo un smartphone.
Santiago de Compostela

As aplicacións móbiles do Sergas tiveron máis de 43.000 descargas durante o ano 2018

  • A aplicación máis descargada é Saúde Móbil, que serve como unha xanela única para acceder a todos os servizos dixitais actualmente en marcha como a cita previa ou É-Saúde
  • Ademais, o Sergas potenciou este ano outras tres aplicacións: SIGUE, Urxencias Sanitarias de Galicia e VACGAL
  • Entre outros datos, enviáronse máis de 430.000 mensaxes SMS e 1,6 millóns de correos electrónicos á cidadanía

 

Durante o ano 2018 rexistráronse 43.000 descargas das apps móbiles do Servizo Galego de Saúde, 16.000 descargas no sistema operativo IOS e 27.000 descargas a través de Android. A aplicación máis descargada é Saúde Móbil, que funciona como un portal de acceso ao catálogo dos principais servizos dixitais como a cita previa, É-Saúde, así como as redes e o resto de aplicacións.

A Consellería de Sanidade apostou neste 2018 pola potenciación destas novas ferramentas para canalizar e mellorar a participación da sociedade galega, así como un maior e mellor coñecemento de todos os servizos dixitais. O Sergas continúa desta forma a súa aposta por desenvolver novos modelos de comunicación coa sociedade; impulsar a dispoñibilidade de canles de comunicación dixital; e propiciar unha actitude proactiva dos cidadáns, que permita conseguir servizos máis eficientes e cidadáns mellor informados, máis implicados e con un maior nivel de autonomía.

Así, ademais de Saúde Móbil, o Sergas conta con outras tres aplicacións que son SIGUE, Urxencias Sanitarias de Galicia, e VACGAL. SIGUE ofrece información, ubicación e interacción cos edificios do Sergas permitindo a localización e cálculo de rutas dos pacientes tanto no exterior como no interior dos edificios, e a integración coa axenda de consultas dos pacientes. A aplicación de Urxencias Sanitarias de Galicia facilita a pacientes e cidadáns o acceso aos servizos de urxencias e emerxencias de Galicia, e VACGAL facilita o seguimento sobre vacinas e calendarios vacinais dos cidadáns, tanto de idade adulta como pediátrica.

Durante o ano 2018 recibíronse máis de 18.000.000 de visitas e máis de 2.200.000 visitantes únicos á páxina web principal do Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, realizáronse case 3.000.000 de visitas aos distintos portais web da organización.

Ademais, ao longo do ano 2018 enviáronse máis de 430.000 mensaxes SMS e 1.600.000 correos electrónicos dende o Servizo Galego de Saúde á cidadanía, mediante as notificacións de distintos servizos (recordatorios de cita primaria, recordatorios de cita especializada, emprego público, novas e publicacións, etc.).

Do mesmo xeito, enviáronse máis de 15.000 mensaxes SMS do servizo de notificacións a familiares de pacientes en quirófanos, a través do sistema Avísame-Lembra, implantado polo Sergas nos distintos hospitais da rede sanitaria pública galega..

O obxectivo do Servizo Galego de Saúde de cara a 2019 é seguir realizando melloras nas apps existentes, fortalecéndoas e dotándoas de novas funcionalidades, integracións e capacidades; así mesmo, para o vindeiro ano está previsto a publicación dun novo servizo dixital denominada Caléndula. Esta app é un asistente para a xestión persoal da medicación dos pacientes, axudándolles a seguir o seu tratamento e lograr que este resulte efectivo, mediante accesos ós plans de dispensación e a folla de medicación activa, recordatorios de medicación persoais, busca de medicamentos, etc.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS