main content

main content
11/10/201809:10
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

A Amtega pon en marcha o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo para a dixitalización de pemes, micropemes e autónomos

  • Foi presentado nunha xornada, inaugurada por Mar Pereira, que sinalou que a iniciativa busca poñer ao alcance do tecido empresarial galego tecnoloxías accesibles vinculadas ao seu negocio
  • O programa abarca tres iniciativas adaptadas ás realidades de cada negocio, DixitalOn, AceleraTIC e eLeaders

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro.

O programa foi presentado onte nunha xornada inaugurada pola directora da Amtega, Mar Pereira, que sinalou que a dixitalización é un reto inaprazable que debe alcanzable para todos, especialmente en Galicia, onde máis do 96% das empresas teñen menos de 10 traballadores. De aí este conxunto de iniciativas para poñer ao alcance do tecido empresarial galego tecnoloxías accesibles vinculadas ao seu negocio que lles faciliten este proceso de transformación para ser máis competitivos.

A transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha micropeme ou unha peme. Consciente desta realidade, a Amtega lanza “Destino: PemeDixital”, un programa que abarca iniciativas adaptadas ás realidades de cada negocio, con tres tipos de actuacións, DixitalOn, AceleraTIC e eLeaders.

 

DixitalOn: Motivación para a Transformación Dixital

Un programa de actividades de capacitación en establecementos rurais galegos, durante estadías de fin de semana, dirixidos a autónomos e micropemes para explorar as motivacións de impulsar a transformación dixital dos seus negocios. Están programadas dúas estadías, no mes de novembro, do 9 ao 11 de novembro na Ribeira Sacra e do 23 ao 25 de novembro nas Fragas do Eume.

Desta forma, aproveitando o efecto tractor de experiencias de lecer no rural galego, desenvólvense actividades de sensibilización baseadas en dinámicas de grupo innovadoras, como Lego Serious Play y Visual Thinking xunto con visitas as instalacións de pemes que están acometendo procesos de dixitalización e coñecer in-situ os resultados.

O prazo de inscrición para a primeira estadía prevista é do 10 ao 23 de outubro a través da web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-RibeiraSacra, e do 10 de outubro ao 9 de novembro para a segunda das estadías https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-FragasDoEume. Tamén se poderán realizar inscricións a través do correo electrónico cdtic@xunta.gal.

 

AceleraTIC: Constrúe o camiño da transformación dixital

Un programa de actividades de formación dirixido a responsables dos niveles operativos das pemes, cuxo obxectivo é proporcionar as ferramentas precisas para construír unha folla de ruta que lles permita afrontar o desafío da transformación dixital, cun enfoque práctico e baseado en casos de éxito. As inscricións pódense realizar do 10 ao 21 de Outubro na web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018 ou do correo electrónico cdtic@xunta.gal

 

eLeaders ToDixital: Lidera a transformación dixital

Este programa formativo dirixido a persoal executivo que posibilite un cambio de “mindset” das empresas cara un pensamento “dixital” aliñado as necesidades estratéxicas. Este cambio debe ser impulsado por líderes que comprendan os cambios nos modelos de negocio e de xestión que requiren os procesos de transformación dixital. Este programa está previsto que se desenvolva no primeiro trimestre de 2019.

 

Xornada de presentación

Na xornada de presentación participou o experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo. Profesor do Instituto de Empresa Business School e socio fundador da axencia Good Rebels, Así mesmo, catro empresas galegas que actualmente xa están inmersas neste proceso de dixitalización, expuxeron as súas experiencias.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS