main content

main content
21/09/201814:09
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda supervisou en Lousame o funcionamento do transporte compartido nunha das rutas nas que os acompañantes do autobús están a empregar en probas a nova aplicación.
Lousame

Ethel Vázquez destaca o avance na modernización do transporte público co impulso dunha a app que informará aos pais dos usuarios do bus compartido da chegada dos escolares ao centro

  • Vázquez Mourelle subliña que o Goberno galego traballa para seguir mellorando e aproveitando esta modernización do transporte público e reforzando a seguridade e a atención dos escolares que usan os buses compartidos
  • Salienta que o transporte compartido, no seu primeiro ano de funcionamento en Galicia, ten permitido que 110.000 persoas aproveitaran as prazas baleiras dos autobuses escolares para facer os desprazamentos cotiás
  • Sinala que o autobús chega a máis lugares, cun 37% máis de km percorridos, triplicando as paradas e rebaixando as tarifas en case todas as novas liñas
  • Concreta que a Xunta avanza cara a un transporte máis útil para os cidadáns, especialmente para os do rural; máis sostible desde unha perspectiva económica e ambiental; e preparado para aproveitar os beneficios das novas tecnoloxías

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou hoxe en Lousame o funcionamento do transporte compartido, nunha das rutas nas que os acompañantes dos escolares do autobús están a empregar en probas unha nova aplicación que reforza a seguridade dos nenos no transporte.

Ethel Vázquez destacou que se trata dun paso máis na modernización do transporte público, pois a aplicación que se está a desenvolver, cando estea plenamente operativa, informará aos pais dos usuarios do bus compartido da chegada dos escolares ao centro de ensino. Ademais os acompañantes escolares poderán realizar un maior seguimento e control dos alumnos que suben e baixan en cada parada. Esta aplicación, en probas nalgunha ruta, está a ser desenvolvida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda salientou que esta app demostra que o Goberno galego continúa traballando para seguir mellorando e aproveitando esta modernización do transporte público e para reforzar a seguridade e a atención dos escolares que usan os buses compartidos.

Subliñou que o transporte compartido, no seu primeiro ano de funcionamento en Galicia, ten permitido que 110.000 persoas aproveitaran as prazas baleiras dos autobuses escolares para facer os desprazamentos cotiás.

Indicou que coller o autobús compartido, unha das novas modalidades de transporte postas en marcha o ano pasado, é unha boa maneira de celebrar a semana europea da mobilidade, este ano, baixo o lema “Combina e Móvete”, para fomentar o uso do transporte público colectivo.

Trátase dunha clara aposta da Xunta por un modelo de transporte público colectivo con máis servizos para os veciños e tamén máis eficiente e máis proveitoso para a sociedade. Con estes sistemas o autobús chega a máis lugares, cun 37% máis de km percorridos, triplicando o número de paradas e rebaixando as tarifas en practicamente todas as novas liñas.

Concretou que a Xunta está avanzando cara a un transporte máis útil para os cidadáns, especialmente para os veciños do rural; máis sostible desde unha perspectiva económica e ambiental; e máis preparado para aproveitar os beneficios das novas tecnoloxías. Precisou que este é o modelo a seguir impulsando na 2ª fase do Plan de transporte público que está en marcha.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS