main content

main content
24/09/201808:09
Inauguración do Encontro anual de Mentoring e Emprendemento en Galicia PontUP 2018.
Pontevedra

A Xunta incide na importancia de aumentar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxicos

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na inauguración do Encontro anual de Mentoring e Emprendemento en Galicia, PontUP 2018, en Pontevedra
  • Lembrou que a Xunta creou o Premio María Josefa Wonenburger, para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na inauguración do Encontro anual de Mentoring e Emprendemento en Galicia, PontUP 2018, na cidade de Pontevedra, onde indicou que o Goberno galego considera prioritario aumentar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxicos de Galicia, pois a maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa contribución de novos temas e perspectivas.

Susana López Abella indicou que é necesario promover a eliminación dos desequilibrios que poidan existir no que se refire á formación científica, no campo da investigación e innovación e na xestión da I+D+i, así como situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva de xénero nun primeiro plano, xa que a igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as persoas, o resultado é aquel que cada un se constrúe co seu esforzo, co seu traballo e coa súa talento.

Na inauguración do Encontro lembrou que o Goberno galego conta co II Programa galego de muller e ciencia 2016-2020, co co obxectivo de seguir avanzando na igualdade real no campo científico; e o VII Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 que está presente na actividade de toda a Administración autonómica e que recolle entre os seus obxectivos consolidar o enfoque de xénero e das mulleres na actividade académica, científica, tecnolóxica e da innovación.

A Xunta creou o Premio María Josefa Wonenburger, para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaría Xeral da Igualdade.

"A igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as persoas, o resultado é aquel que cada unha se constrúe co seu esforzo, co seu traballo e co seu talento. E só se favorecemos con igual énfase a esixencia, o esforzo e a excelencia, nun marco de Igualdade de oportunidades, teremos individualmente, e a sociedade no seu conxunto, máis opcións de futuro", rematou a secretaria xeral.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS