main content

main content
24/09/201807:09
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

A Amtega e a AETG organizan as xornadas “non tolees coa wifi” para informar sobre os servizos de internet dispoñibles no mercado

  • Están dirixidas aos axentes TIC das aulas CeMIT, ao persoal municipal e aos cidadáns interesados en resolver as dúbidas sobre contratación de internet
  • Realizaranse un total de 4 xornadas, unha por provincia, ás que se poderá asistir presencialmente ou por videoconferencia nas aulas da Rede CeMIT habilitadas
  • As inscricións pódense formalizar, de xeito gratuíto, nas propias aulas habilitadas ou a través da web da Rede CeMIT


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de outubro as xornadas formativas “Non tolees coa wifi”, que se levarán a cabo presencialmente nas aulas CeMIT de Marín, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia.

Nos últimos anos está a crecer o nivel de uso da banda larga en fogares e empresas, cada vez son máis as familias que precisan contratar un servizo de internet pero aínda existen moitas dúbidas e desconfianzas ao respecto. Con esta formación búscase achegar aos asistentes os coñecementos básicos para a contratación de internet e da resolución de incidencias no servizo.

As xornadas están dirixidas aos axentes TIC das aulas CeMIT, co obxecto de que posteriormente podan eles crear os seus propios cursos na materia, e a todo o persoal municipal e cidadáns interesados. Explicaranse conceptos tales como as tecnoloxías de acceso á internet dispoñibles no mercado, as conexións precisas para os distintos usos de internet, as redes e operadores presentes en Galicia, os canais dispoñibles para reclamacións e os organismos competentes neste ámbito e normativa existente.

 

Aulas CeMIT e inscricións

As persoas interesadas poderán asistir a calquera dos catro cursos dispoñibles que terán unha duración aproximada de dúas horas. Para achegar a formación ao maior número de destinatarios posibles, organízase unha xornada en cada provincia facilitando a asistencia ben presencial ou por videoconferencia nas seguintes aulas.

Para a inscrición tan só hai que premer sobre a aula de interese:

  • Xornada 1 de outubro de 12:00 a 14:00 horas: presencialmente na aula de Marín e por videoconferencia en RibadeoPadrónCarballedo e San Sadurniño
  • Xornada 4 de outubro de 12:00 a 14:00 horas: presencialmente na aula de Oroso e por videoconferencia en LeiroValga e Cerceda
  • Xornada 9 de outubro de 17:00 a 19:00 horas: presencialmente na aula de Celanova e por videoconferencia en Ortigueira e Guitiriz
  • Xornada 10 de outubro de 17:00 a 19:00 horas: presencialmente na aula de Sarria e por videoconferencia en O Vicedo

Pódese consultar mais información sobre as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT, e na aulas CeMIT de xeito presencial ou contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.gal

 

Servizo de asesoramento a concellos

Esta xornada nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa Amtega. Ademais, trala xornada, a Oficina porá a disposición dos asistentes a documentación presentada.

A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS