main content

main content
19/09/201809:09
Acto de presentación do Plan de Innovación sanitaria-Código100.
Santiago de Compostela

Sanidade destina 6,6 millóns de euros á contratación de innovación en novas terapias, tic para profesionais e aplicacións para pacientes

  • Estas tres liñas de investigación orientadas a terapias, profesionais e pacientes están enmarcadas no programa Código100, un plan de innovación centrado no envellecemento
  • Entre os procedementos, destaca a incorporación de contratación de biotecnoloxía, intelixencia artificial, realidade virtual e big data
  • Almuiña destacou que a Consellería de Sanidade e o Sergas son pioneiros no uso dos novos procedementos de contratación como ferramenta para impulsar o I+D+i e o desenvolvemento sostible

 

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou onte pola mañá que Sanidade destinará máis de 6,6 millóns de euros para contratar innovación que “nos axudará a seguir construíndo un sistema sanitario capacitado para liderar o envellecemento activo e saudable”. Así o afirmou na xornada de presentación dos novos pregos de contratación pública do Plan de Innovación sanitaria-Código100, promovido pola Consellería de Sanidade, a través da Axencia do Coñecemento en Saúde (ACIS)

Para Almuiña, “o gran valor do Plan Código100 reside en promover un modelo de innovación centrado nun reto común e capaz de integrar a todos os membros do sistema, desde os profesionais sanitarios ata os pacientes”. Código100 pretende converter a Galicia nunha rexión de referencia en innovación en envellecemento activo; unha rexión onde “se poida vivir con calidade 100 anos e onde se innova para alcanzar este fin”.

Entre os procedementos de contratación de compra pública innovadora destaca a incorporación de contratación de biotecnoloxía, intelixencia artificial, realidade virtual e big data. Do total de procedementos, hai 13 licitacións por valor de 6,6 millóns de euros, e outros dous procedementos xa adxudicados.

Están marcadas tres grandes liñas de actuación: terapias, profesionais e empoderamento de pacientes. Cada unha destas liñas orientarán respectivamente a investigación cara o desenvolvemento de novas terapias, biomarcadores, ou test multimarcadores; a creación de novos servizos, plataformas tecnolóxicas ou sistemas que melloren as actuacións profesionais mediante ferramentas virtuais ou de xestión para unha mellor xestión do talento e do coñecemento; e o desenvolvemento de solucións a través de novas tecnoloxías que aumenten a autonomía dos pacientes de patoloxías crónicas para mellorar a calidade de vida dos pacientes crónicos e reducir a dependencia da súa familia e do sistema sanitario.

 

Compra pública innovadora como solución de futuro

Almuiña destacou que a Consellería de Sanidade e o Sergas son pioneiros no uso dos novos procedementos de contratación como ferramenta para impulsar o I+D+i e o desenvolvemento sostible. “O sector sanitario en Galicia iniciou en 2011 un camiño sen precedentes en compra pública innovadora, categorizado como o máis ambicioso en España ata entón”, afirmou Almuiña, en relación aos programas de Innova Saúde e Hospital 2050.

Na súa intervención, o conselleiro de Sanidade mencionou as vantaxes da Compra Pública Innovadora (CPI) que supón unha nova forma de compra a través dun “contrato que a adiministración pública pon a concurso a fin de satisfacer unha necesidade non cuberta, mediante unha solución innovadora”.

O titular da carteira sanitaria explicou que nas consultas realizadas ao mercado dentro deste proxecto houbo 94 participantes, dos cales o 80% foron empresas, e recibíronse 215 propostas.

A xornada de onte enmárcase dentro do Plan de Innovación sanitaria-Código100 executado no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, financiado nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 do Programa Operativo de Crecemento Intelixente (POCINT).

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS