main content

main content
07/09/201808:09
Portátil
Santiago de Compostela

Galicia consolida a educación pública 100% dixital cun acordo marco que permitirá adquirir 30.000 novos portátiles ao longo dos vindeiros dous anos

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou na rolda de prensa do Consello a consolidación da Educación Pública 100% dixital cun acordo marco que permitirá adquirir 30.000 novos portátiles ao longo dos vindeiros dous anos.

  • A contratación realizarase cun único provedor e contará cun orzamento máximo de 14,8 millóns de euros
  • Poderán desfrutar dos beneficios do libro dixital 267 centros, un 70% máis que o curso pasado, e 18.000 alumnos
  • O 100% dos centros públicos de primaria e secundaria contarán neste novo curso cun acceso a internet cun mínimo de 100 megas


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a consolidación da Educación Pública 100% dixital cun acordo marco que permitirá adquirir 30.000 novos portátiles ao longo dos vindeiros dous anos.

Cunha achega de 14,8 millóns de euros, Feijóo aseverou que poderán acceder a estes equipos os novos centros do Proxecto Abalar que se incorporen ao uso do libro dixital. Deste xeito, o acordo permitirá comprar os equipos que se precisen, en función das necesidades e da evolución desta iniciativa.

Durante a rolda de prensa, o responsable do Goberno galego resaltou que neste curso 2018-2019, un total de 267 centros e 18.000 alumnos, un 70% e máis dun 50% máis que o curso pasado, respectivamente, empregarán o libro dixital e se beneficiarán do paquete de melloras que se comezou a implantar de xeito progresivo o pasado curso e que se completará neste:

-A incorporación dun novo provedor de contidos, a Editorial Planeta, que se suma ás 750 unidades didácticas dos provedores Netex Learning e Edebé.

-A contratación dun cuarto provedor de contidos para a materia de Inglés.

-A posta en marcha do servizo para que sexan os propios profesores quen creen contidos educativos dixitais, que se chamará DIXIT.

-A entrada en funcionamento dun servizo de soporte premium para os alumnos, familias e profesores que: prestará atención remota as 24 horas e os 7 días da semana e atención presencial en 64 puntos repartidos por toda a xeografía galega grazas á colaboración con pemes do sector TIC.

O presidente da Xunta concluíu lembrando que grazas á iniciativa Escolas conectadas, na que a Xunta e o Goberno central están a investir máis de 17 millóns de euros, o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria contarán neste novo curso, o primeiro da historia da comunidade, cun acceso a internet cun mínimo de 100 megas. 
 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS