main content

main content
28/08/201812:08
Robots programables enriba dunha mesa.
Santiago de Compostela

Tech Kids e os seus obradoiros de robótica e drons recalan en Ribeira, Santa Comba, no Barco e na Coruña

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e máis a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) seguen estes días achegando a tecnoloxía argalleira, a que se estuda e se fai coas nosas propias mans, ás nenas e nenos de toda a nosa xeografía. Estamos a falar do programa Tech Kids, que se desenvolve nos concellos até setembro (dende xullo) e que xiran arredor de robótica, creación de personaxes para videoxogos ou pilotaxe de drons. Esta semana, sen ir máis lonxe, as actividades construtivas e ilustrativas sobre vehículos aéreos non tripulados chegan a Ribeira (este mércores) e Santa Comba (o xoves 30). Ademais, este 29 tamén se celebra no Barco unha xornada sobre robótica, que chegará a Coruña o día 31. 

Como lembraremos, o obxectivo do programa Tech Kids é “fomentar o talento dixital das nenas e nenos de toda Galicia” ao tempo que “se mellora a conciencia entre a xente nova de que a aplicación de computación e codificación para os problemas sociais reais pode axudar a cambiar o mundo”. Ao abeiro do programa, como dixemos, estanse a organizar sesións de iniciación na pilotaxe de drons coma as que se desenvolven esta semana en Ribeira e Santa Combra. Estas xornadas están destinadas a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos, que coñecerán as súas partes, como se montan e como son capaces de voar. Tamén farán unha práctica empregando dous tipos de aeronaves: un overcraft (para entender os controis e movementos) e un dron co que percorrerán un circuíto e mesmo competirán entre eles. 

As iniciacións aos vehículos aéreos non tripulados proseguirán a semana que vén en Cuntis (día 1), San Sadurniño (día 8), Cerceda (día 10), Valga (día 11) e Celanova (día 12) . O día 10 de setembro, a robótica recala en Abegondo, o 12 en Pontedeume e o 13 en Pontevedra. Tamén haberá cita cos drons en Ribadeo o 13 de setembro.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS