main content

main content
14/08/201809:08
Presentación da app.
Santiago de Compostela

A Xunta lanza unha aplicación móbil para loitar contra as agresións sexuais

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou onte en rolda de prensa esta ferramenta, elaborada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia
  • Galicia convértese así na primeira comunidade autónoma en dotarse dunha ferramenta destas características
  • Inclúe un decálogo contra a violencia sexual, consellos prácticos sobre como actuar e un directorio de lugares onde pedir axuda

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou onte unha nova aplicación móbil que ten como obxectivo loitar contra as agresións sexuais. A ferramenta, a primeira destas características dunha comunidade autónoma, elaborouse en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.

Durante o acto, no que tamén participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, Fernando Suárez, informouse de que a aplicación xa se pode descargar para os sistemas operativos Android e nos próximos días para iOS.

Na mesma incluirase un decálogo contra a violencia sexual, consellos prácticos de como actuar ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información.

Nas seguintes versións da aplicación incorporaranse novas funcionalidades como a posibilidade de compartir a xeolocalización con calquera dos contactos que teña o usuario para que estes poidan saber o percorrido que se está realizando.

Con esta nova ferramenta, a Xunta dá un paso máis na súa loita contra as agresións sexuais. Neste sentido, cómpre recordar que a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero xa incluía a violencia sexual, os abusos e o acoso como formas de violencia de xénero.

Ademais, Galicia tamén foi pioneira en poñer en marcha unha campaña para loitar contra o acoso sexual no ámbito laboral, á que se suman outras iniciativas como as xornadas sobre violencia sexual organizadas nos campus universitarios galegos ou as accións que se están levando a cabo nos festivais englobados baixo a marca Fest Galicia para loitar contra o acoso neste tipo de eventos. Ademais, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tamén se están levando a cabo accións similares nas festas populares.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS