main content

main content
01/08/201808:08
Telecomunicacións.
Santiago de Compostela

A Xunta prorroga o contrato do servizo de telecomunicacións conseguindo melloras por importe de máis de 4 millóns de euros

  • Incrementarase a velocidade de conexión a internet de 277 centros de servizos públicos no prazo máximo dun ano
  • Manteranse 240 sedes de centros públicos con tecnoloxía 4G con alta velocidade
  • Disporase dun bono ata 5.000.000 de sms masivos gratuítos para comunicacións de diferentes servizos da administración electrónica

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de prorrogar o contrato dos servizos de telecomunicacións ata febreiro de 2021, un ano máis da data na que remata o actual. Os operadores adxudicatarios investirán máis de 4 millóns de euros en diferentes melloras nos servizos de internet, telefonía fixa e móbil de centros públicos dependentes da Administración autonómica.

Entre as melloras comprometidas, R, operador adxudicatario dos servizos de telefonía fixa e de internet, incrementará a velocidade de conexión a internet en 277 centros de servizos públicos, que abranguen xulgados, lonxas, albergues, oficinas de emprego, concellos e aulas CeMIT, entre outras. Estas melloras comezarán de xeito inmediato e o operador prevé que estean rematadas en xullo do ano que vén.

En canto á telefonía móbil, entre os compromisos do operador Vodafone, adxudicatario do servizo, comprométese a manter as liñas de datos 4G con alta velocidade de 240 sedes de diferentes servizos públicos.

Outra das melloras previstas é que a Administración autonómica disporá dun bono de 5.000.000 de sms masivos gratuítos unha vez consumidos os 420.000 sms do contrato actual. As mensaxes masivas están vinculadas á servizos da Administración dixital que se están a incrementar de xeito progresivo como as notificacións electrónicas a cidadáns e empresas.

 

Máis servizos, menos custe e máis investimento

O actual contrato de telecomunicacións da Xunta, entrou en vigor en 2015, conseguindo un aforro de 12 millóns de euros respecto do contrato anterior e un investimento adicional por parte dos operadores de 12 millóns de euros para acadar importantes melloras e reforzar a rede corporativa, que proporciona servizo de internet, telefonía fixa e móbil a 3.000 centros da Administración autonómica.

Entre as melloras contempladas está o incremento en  máis dun triple de media o ancho de banda de máis de 2.300 centros de servizos públicos e a ampliación a 10 Gigas da capacidade do acceso a internet da rede corporativa. Tamén se están a integrar na rede corporativa os servizos de telefonía de preto de 1.400 centros públicos, o que mellorará a xestión das telecomunicacións e do servizo co que contan.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS