main content

main content
24/05/201817:05
Mar Pereira, Miguel Merino e Carlos Abal.
Santiago de Compostela

A directora da Amtega avoga polo impulso de proxectos tractores entre o sector público e o privado para facilitar a transformación dixital

  • Mar Pereira inaugurou hoxe o encontro Galicia TIC 2018 na Cidade da Cultura
  • A Axenda Dixital de Galicia está a desenvolver iniciativas innovadoras en sectores estratéxicos da economía como o turismo, o transporte, o agro ou a pesca
  • Destaca a importancia de darlle visibilidade a iniciativas de éxito, que sirvan de exemplo para as empresas de menor tamaño
  • Sinala que a dixitalización das pemes é un camiño de longo percorrido, que implica pasar dun uso básico das TIC a empregalas para posicionarse no mercado

 

A Axenda Dixital de Galicia 2020 a aposta por un uso intensivo da colaboración público- privada para impulsar a transformación dixital dos diferentes sectores económicos de Galicia. A directora da Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou esta mañá que a Administración autonómica avoga por este modelo que axuda, ademais, a que as solucións innovadoras que se aplican teñan percorrido no mercado e axuden a visibilizar as vantaxes da dixitalización.

Durante a inauguración de Galicia TIC 2018, Mar Pereira afirmou que a transformación dixital nos segmentos empresariais de menor tamaño é un camiño de longo percorrido, que precisa dun liderado dentro da propia empresa e tamén de exemplos tanxibles que animen ás pemes a avanzar neste camiño. 

Neste sentido, a responsable autonómica destacou os plans da Axenda Dixital galega para modernizar ámbitos clave como o Smart Turismo, orientado a impulsar Galicia como destino turístico intelixente; a Memoria Dixital para mellorar a accesibilidade e a conservación do patrimonio cultural galego; o Primare para promover a modernización dos sectores agrario e da pesca; o Dico Mindset para favorecer innovación e a competitividade non ámbito dos contidos dixitais ou o Plan de Modernización do Transporte por estrada.

Ademais destes Plans, a Axenda Dixital de Galicia 2020 contempla medidas para que as empresas integren a tecnoloxía nas decisións estratéxicas e operativas de negocio con programas específicos como o ReaccionaTIC, do que se beneficiaron 250 empresas en dous anos ou o AceleraTIC para directivos de pemes, no que participaron 50 empresas. AO Centro Demostrador TIC, punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda doutros sectores, desenvolveu máis de 400 actividades divulgativas desde 2015.

Con estas actuacións búscase que as pemes avancen no uso das TIC como un instrumento para posicionarse no mercado e mellorar a súa competitividade. O último informe do Osimga apunta avances da dixitalización empresarial pero constata a fenda entre as empresas grandes e as microempresas. Así mentres o 77,7% das empresas de 10 ou máis empregados dispón de páxina web, esta porcentaxe redúcese ao 26,2% das microempresas galegas. No caso do comercio electrónico, un 20,5% das empresas de 10 ou máis empregados venderon electronicamente os seus produtos ou servizos no último ano mentres que só o 2,4% das microempresas o fixeron.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS