main content

main content
24/04/201816:04
Francisco Conde e Mar Pereira escoitando a un dos participantes.
Santiago de Compostela

O programa ‘Connecting for Good Galicia’ outorga 35.000 euros aos mellores proxectos innovadores da súa segunda edición

  • Entre os 6 proxectos participantes a Xunta premiou cunha axuda de 25.000 euros ao “Mellor Proxecto” da convocatoria, que este ano recaeu en it!
  • A Fundación Vodafone concedeu o Premio “Conectados pola Accesibilidade”, valorado en 10.000 euros, aos proxectos 3DAcustic e Sense(z) por ser os que mellor incorporaron os principios de accesibilidade universal
  • As seis iniciativas participantes promoven o desenvolvemento de solucións innovadoras con tecnoloxías accesibles para persoas con discapacidade e persoas maiores
  • O próximo 7 de maio ábrese a convocatoria para a III Edición do programa, ao que poderán presentarse as candidaturas ata o día 31 de xullo

 

O programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ concedeu hoxe 35.000 euros aos mellores proxectos tecnolóxicos da súa convocatoria 2017. Estes recoñecementos foron outorgados no acto de clausura da segunda edición do programa, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura, nunha xornada na que participado o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde; a directora da Amtega, Mar Pereira; o director de Administracións Públicas de Vodafone, Carlos Becker; e do director xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno.

‘Connecting for Good Galicia’ é un programa impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da Fundación Vodafone España. O seu obxectivo é desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital en calquera dos ámbitos recolleitos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo cara aos colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores.

Os seis proxectos participantes da súa segunda edición foron 3DAcoustic, it!, Formadox, Mediación Móbil, Sense(z) e Tapper. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia, a través de GAIN, concedeu unha axuda de 25.000 euros ao mellor proxecto da convocatoria polo seu carácter innovador, traballo en equipo, aproximación ao mercado e aproveitamento do programa na súa execución e posta en marcha. O proxecto elixido it!, é unha empresa de creación e fabricación 4.0 que ofrece servizos integrais de deseño, modelado 3D, fabricación de novos produtos e enxeñería aplicada.

Ademais, Fundación Vodafone España outorgou o Premio “Conectados pola Accesibilidade” ao dous proxectos, Sense(z) e 3D Acustic, con 5.000 euros a cada un por ser os que mellor incorporaron os Principios de Accesibilidade Universal.

Sense(z) é un dispositivo biométrico que permite a toma de datos e parámetros, tanto fisiolóxicos como alimentarios mediante sensores para a análise pormenorizada dos alimentos para inxerir. Pola súa banda 3DAcoustic proporciona audífonos personalizados con moldes impresos en 3D, conseguindo unha redución nos custos, tempos de produción e unha mellor experiencia de uso grazas a un produto axustado a cada persoa.

Todos os proxectos participantes recibiron o diploma acreditativo e un patrocinio de 2.000 euros cada un tras completar o programa de formación e mentoring que se impartiu no espazo ‘Vodafone Connecting for Good’, situado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

No acto celebrado esta mañá, anunciouse tamén a apertura da III Edición do Programa, ao que se poden presentar as candidaturas desde o 7 de maio ata o 31 de xullo. Máis información en: http://www.fundacionvodafone.es/premios/premios-connecting-good-galicia.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS