main content

main content
23/04/201809:04
Nava Castro e Mar Pereira.
Santiago de Compostela

A Xunta trasládalle ao Clúster do Turismo que o Plan de Banda Larga mellorará a cobertura de internet en núcleos de 181 concellos

  • As directoras de Amtega e Turismo reuníronse esta semana con representantes do Clúster e abordaron as melloras de acceso a internet previstas pola Xunta e o Estado
  • En dous anos o Plan facilitará o acceso a redes de 100Mps a 74.400 persoas de núcleos das catro provincias
  • A Xunta ten en marcha desde o 2015 o Plan Smart Turismo para impulsar a dixitalización do sector e favorecer a prestación de servizos de calidade


A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantiveron esta semana unha xuntanza de traballo cos representantes do Clúster de Turismo galego na que abordaron diferentes asuntos, entre eles, as melloras de conectividade previstas pola Xunta e o Estado e das que se beneficiarán diferentes puntos turísticos.

Desde a Xunta avanzouse que o Plan de Banda Larga 2020 facilitará o acceso a redes de 100Mps a 74.400 persoas de núcleos de 181 concellos galegos, entre eles, diferentes zonas do Concello de Sanxenxo. O Clúster trasladoulle a ambas directoras a necesidade de mellorar a cobertura neste municipio, que concentra un importante fluxo turístico, especialmente no verán.

Esta actuación do Plan, que se inicia este ano, cun investimento público de 14,2 millóns de euros estenderá fibra óptica en núcleos de menos de 300 habitantes das catro provincias galegas.

 

Máis do 74% dos galegos con redes ultrarrápidas en 2020

Ademais o Estado ten en marcha outras medidas que  beneficiarán a outros 258.000 galegos de núcleos de maior tamaño, grazas a un investimento público de 21 millóns de euros de Fondos FEDER.

Polo tanto, ambas medidas posibilitarán que no 2020 máis de 332.000 galegos de 258 concellos teñan acceso a redes ultrarrápidas. Así, en dous anos, máis do 74% do galegos poderán acceder a internet de alta velocidade. Esta porcentaxe incrementaranse con novas convocatorias anunciadas polo Estado dentro do Plan 300x100.

 

Plan Smart Turismo

A mellora da conectividade é un dos aspectos chave na modernización dos principais sectores produtivos galegos, entre eles o turismo. A  Xunta ten en marcha, desde o 2015,  o Plan Smart Turismo para impulsar a dixitalización do sector e favorecer a prestación de servizos de calidade, personalizados e con valor engadido; a captación de turistas e de novos mercados; para mellorar eficiencia e que o sector teña capacidade de dar respostas áxiles fronte a mercados cambiantes.

Nós últimos tres anos púxose en marcha a plataforma tecnolóxica Turespazo para facilitarlle ao sector a xestión online da súa información administrativa e tamén a difusión da súa información promocional e a comercialización dos seus produtos.

Publicouse un novo portal de Turismo de Galicia para  fortalecer a difusión, tanto a nivel nacional coma internacional de Galicia coma destino turístico.

O  Plan conta, ademais, cunha liña para o Camiño de Santiago, SmartCamiño, que puxo a disposición do sector e dos peregrinos un portal e una aplicación específicas, como solucións vivas que evolucionarán acorde ás necesidades dos viaxeiros

Entre as novas liñas de actuación estase abordar a posta en marcha dunha Rede Intelixente de Información Turística, unha reformulación das oficinas de turismo na que a modernización tecnolóxica terá un papel fundamental.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS