main content

main content
17/04/201807:04
Conexións.
Santiago de Compostela

A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital e protección de datos para os empregados públicos

  • A EGAP ofrecerá medio centenar de cursos con máis de 1.200 horas de capacitación específica online e presencial
  • Trátase dun itinerario formativo que acompaña ao proceso de transformación dixital que se está a abordar na Administración autonómica
  • Incorpora tamén as novidades sobre seguridade e protección de datos derivados do novo regulamento europeo, que entra en vigor o 25 de maio

 

O proceso de transformación dixital no que está inmersa a Administración autonómica require dun acompañamento formativo para os empregados públicos. No marco do Plan de Goberno e Administración dixital 2020 ponse en marcha un Plan Formativo sobre aspectos chave da dixitalización e a protección de datos.

O Plan ofrecerá durante 2018  máis de 1.200 horas de formación en 55 cursos presenciais e online que abordarán diferentes aspectos derivados dos procesos de dixitalización como a tramitación electrónica integral, os procesos de dixitalización dos rexistros ou o uso dos novos sistemas de información como os de notificación electrónica, o de rexistro único ou a plataforma Pasaxe!, entre outros.

Ademais, a entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos o vindeiro 25 de maio implica un importante impacto nas Administracións públicas polo que parte da formación do Plan está orientada a formar e divulgar as novidades desta normativa.

A Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento deste Plan durante 2018.

En virtude deste acordo a Amtega facilitará os perfís docentes  e o material didáctico  desta oferta formativa. A EGAP publicará no DOG e na súa web as diferentes convocatorias de cursos e  actividades e os prazos de matrícula correspondentes.

 

Lei Galega de Administración Dixital

A realización deste plan formativo avanza as actuacións previstas no anteproxecto de lei de administración dixital de galicia (ledixga), en fase de tramitación, que contempla a definición dun plan de capacitación dixital do empregado público para asegurar unhas competencias dixitais mínimas para o exercicio das súas funcións, así como os mecanismos de acreditación de coñecementos e capacidades no uso das TIC.

A formación profesional continua e a reciclaxe profesional de todo o persoal empregado público constitúe unha necesidade imprescindible ante a rapidez dos cambios que implica a dixitalización das súas funcións.

 

Plan de Goberno e Administración Dixital 2020

A Xunta puxo en marcha en 2015 o Plan de Goberno e Administracións Dixital 2020 para acadar unha administración accesible, áxil nas respostas, con capacidade para anticiparse ás necesidades da sociedade e eficiente no uso dos recursos públicos e que ofrece.

Para acadar este obxectivo estase a afondar na madurez do uso de medios electrónicos por parte dos profesionais do sector público autonómico e a implantar novos sistemas de información que requiren dun acompañamento formativo específico que se concreta en Plans como o que a Amtega, a Vicepresidencia e a EGAP ofrecerán durante 2018.

 

CURSO

MODALIDADE

EDICIÓNS

PRAZAS

HORAS/ED.

Curso Superior de Administración Electrónica

Mixto (presencial/

online)

1

50

114

Tramitación Electrónica Integral na Xunta de Galicia no contexto da lei 39/2015

Mixto (presencial/

online)

8

400

50

Procesos de dixitalización en oficinas de rexistro da Xunta de Galicia

Presencial

6

120

20

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

Teleformación

5

250

30

Seguridade da información na Xunta de Galicia

Teleformación

3

150

30

Implantación da nova normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

Teleformación

2

100

30

Accións formativas para acompañar a implantación de sistemas de tramitación electrónica (sistema de notificación electrónica notifica.gal, sistema único de rexistro Rexel, etc.) e doutros Proxectos de E-administración e de protección de datos

Mixto (presencial/

online)

30

25

12

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS