main content

main content
12/04/201813:04
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, participou esta mañá en Lugo no acto inaugural da iniciativa Atlantic Brainstorming: Creativity & Jobs Conferencia Europea da Creatividade.
Lugo

A Xunta de Galicia reivindica as capacidades creativas da mocidade como motor económico e cultural

  • A responsable do departamento autonómico de Xuventude fixo un chamamento á confianza nas ideas transformadoras da xente nova
  • A ‘Atlantic Brainstorming: Creativity & Jobs’ reúne a representantes de 14 entidades de catro países: España, Portugal, Francia e Reino Unido

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, participou esta mañá en Lugo no acto inaugural da iniciativa Atlantic Brainstorming: Creativity & Jobs Conferencia Europea da Creatividade, que reúne hoxe e mañá en Galicia a representantes de 14 entidades de catro países (España, Portugal, Francia e Reino Unido). Durante dous días, expertos e mozos e mozas analizarán o mundo da creatividade e a implicación da mocidade nos procesos creativos, ao tempo que debaterán sobre o futuro do sector cultural como motor de emprego.

Cecilia Vázquez, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro Orol, fixo un chamamento á confianza nas ideas transformadoras que chegan da man da mocidade e reivindicou o papel que deben xogar os mozos e mozas como revulsivos da cultura e da economía. Ademais, destacou que esta Conferencia Europea estimula “a creación de novas oportunidades a través do intercambio de experiencias para fortalecer as posibilidades artísticas e laborais dos novos creadores buscando fórmulas para que todos os cidadáns poidamos desfrutar da súa arte”. “É unha aposta máis pola creatividade xuvenil como fórmula previa ao emprendemento”, engadiu.

A titular do departamento autonómico rematou a súa intervención sinalando que “iniciativas como esta Conferencia Europea é un exemplo de unión de esforzos e medios entre entidades de varios países europeos para ofrecer á xuventude ferramentas para o desenvolvemento das súas capacidades creativas e ampliación das súas oportunidades”.

As actividades da Conferencia, que descorrerán no edificio multiusos da Xunta de Galicia en Lugo e no Complexo Residencial Xuvenil LUG2, están divididas en seis bloques: o primeiro, Atlantic Brainstorming, se centrará no emprego, o emprendemento e a economía circular; o segundo, Atlantic Océano, abordará os problemas dos residuos plásticos no Océano Atlántico; o terceiro, Creative Jam, será un espazo interactivo onde os mozos e mozas poderán participar en varios workshops innovadores e prácticos, e no cuarto, AYCH Hackaton, daranse a coñecer as novidades tecnolóxicas creadas pola xuventude.

O programa de actividades conta tamén con outros dous espazos: Creative Space, onde empresas e creativos poderán ensinar os seus proxectos e traballos, e +14, para centros escolares a través dun xogo de rol creativo.

 

Cooperación internacional

Esta Conferencia Europea da Creatividade é un dos 45 proxectos aprobados na primeira quenda do programa europeo Interreg Atlantic Area, que promove a cooperación trasnacional en 36 rexións atlánticas de 5 países europeos (Irlanda, Reino Unido, Francia, España e Portugal), e descorre no marco do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs (acrónimo AYCH), que conta cun orzamento de 4.227.620 euros e unha duración de tres anos.

Son socios do proxecto as seguintes entidades: Devon County Council; Plymouth College of Art; Playmouth County Council; Playmouth Culture; Pacifistream Enterprise Solutions CIC; Brest Metropole; Ayuntamiento de Gijón; Ashton Community Trust; Gran Angouleme; Vida Láctea; Conference of the Atlantic Arc Cities; Cámara Municipal de Santo Tirso; e L´Ecole de Desing Nantes Atlantique.

Todos eles buscan a creación de produtos e de redes de incubadoras creativas internacionais e de intercambios profesionais, así como a posta en marcha dun programa de formación, dunha mentorización internacional e de iniciativas de estancias creativas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS