main content

main content
27/03/201808:03
Estanterías con libros.
Santiago de Compostela

A Xunta salienta que a formación en industria 4.0 busca dar resposta aos novos perfís profesionais que precisan as pemes

  • O importe das axudas aprobadas nesta convocatoria de formación no eido da fábrica intelixente supera os 350.000 euros
  • Os cursos desenvolveranse en once sectores produtivos, desde a madeira á alimentación, pasando polo audiovisual, a automoción e a innovación aeroespacial, entre outros
  • Os apoios que o Goberno galego destina este ano a proxectos colectivos de capacitación profesional permitirán formar nas novas tecnoloxías a 750 técnicos e cadros intermedios das pemes galegas
  • O programa Formación 4.0 forma parte das accións de modernización do tecido empresarial galego que a Xunta desenvolve no marco da Axenda Industria 4.0

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar, a través do Igape, a concesión de axudas á formación no ámbito da Industria 4.0, das que se beneficiarán 745 técnicos e cadros intermedios de empresas que poderán dar resposta, así, aos novos perfís profesionais que precisan.

Ás axudas á formación 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, ascenden a 363.735 euros, segundo a resolución que acaba de publicarse no DOG, e cobren o 70% do custo. Con estes apoios poranse en marcha cursos en todo o territorio galego para facilitar a formación especializada do persoal técnico nas empresas, chave necesaria para consolidar e acelerar os avances na competitividade do tecido produtivo galego.

Os proxectos formativos abranguen once sectores produtivos: alimentación, audiovisual, editorial, automoción, innovación aeroespacial, madeira, construción, TIC, metalurxia, electricidade e conserveiro. Organizados polos clústeres e asociacións empresariais na súa maioría, así como por colexios profesionais, suporán unha mobilización de preto de 525.000 euros co fin de adaptar a cualificación dos traballadores das pemes galegas ás novas necesidades das empresas.

Na anterior convocatoria desenvolvéronse, entre outros, cursos formativos sobre tecnoloxías como a sensórica e as súas aplicacións para drons; a transformación dixital das empresas; a automatización e a internet das cousas, ou as tecnoloxías 3D para a Industria 4.0.

A adaptación dos perfís profesionais aos cambios tecnolóxicos é un reto fundamental recollido pola Xunta nas accións da Axenda Industria 4.0, que se está a desenvolver desde 2015. Ademais das axudas á formación, a Axenda incorpora ata 60 medidas de financiamento e fomento da innovación tecnolóxica, das que se beneficiaron 4200 empresas durante os anos 2015 e 2016. Para o segundo plan bienal (2017-2018), a dotación orzamentaria asignada é de 175 millóns de euros.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS