main content

main content
22/03/201808:03
Canles multimedia.
Santiago de Compostela

A CRTVG creará unha canle dixital educativa para Internet, nun proxecto en colaboración coa AMTEGA

  • O plan inclúe realidade aumentada, realidade virtual e o uso de modelos narrativos dixitais como os youtubers
  • A nova canle, transmedia e interactiva, permitirá aos docentes e estudantes de primaria ou secundaria obter recursos audiovisuais baixo demanda
  • Esta acción desenvólvese no marco dunha estratexia galega para impulsar os contidos dixitais e a competitividade presentado hoxe pola Xunta de Galicia

 

CRTVG, en colaboración coa AMTEGA, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, creará unha canle temática dirixida á comunidade educativa non universitaria de Galicia. Esta acción encádrase dentro da Área de Innovación da CRTVG e enlaza co territorio de comunicación da Corporación con vistas ao novo contexto dixital, coa estratexia de ampliar canles de comunicación cos sectores de audiencia máis novos e os novos hábitos de consumo.

O acordo entre as dúas institucións inclúe tamén a creación dun modelo de análise de datos que procese o consumo e os comportamentos da mocidade galega ante os contidos audiovisuais dixitais e ante as novas tecnoloxías. O novo proxecto terá unha duración inicial de tres anos nos que as dúas institucións públicas, CRTVG e AMTEGA, desenvolverán tanto a plataforma tecnolóxica necesaria para o seu funcionamento coma os contidos que se publiquen nela.

No seu desenvolvemento utilizaranse os modelos narrativos dixitais nativos que teñen o maior impacto no consumo audiovisual e multimedia da poboación infantil e xuvenil, como por exemplo as narrativas dos youtuber e dos influencers, ou das diferentes plataformas de vídeo baixo demanda que operan nos mercados internacionais, como emisións en directo de grandes eventos e conferencias con persoas de prestixio internacional. Tamén se incorporarán as novas tendencias no consumo audiovisual, como a incorporación de elementos creados con realidade aumentada ou con realidade virtual. 

O proxecto contempla a creación de programas que poden ser emitidos en canles tradicionais coma a televisión ou a radio. Para iso incorporaranse á experiencia de usuario novidades como as segundas pantallas complementarias á formación con contidos de realidade aumentada e realidade virtual para dispositivos móbiles, sincronizados con programas que se emiten actualmente.

Eido educativo
Esta canle dixital, transmedia e interactiva, complementará o Programa Abalar de integración das TIC na práctica educativa de Galicia, e permitirá aos docentes e aos estudantes de primaria ou secundaria obter recursos audiovisuais baixo demanda relacionados cos diferentes contidos das materias que se imparten na formación entre 6 e 16 anos.

Nesta nova canle, os dispositivos móbiles serán utilizados, fundamentalmente, como visualizadores avanzados de contidos multimedia que permiten aos estudantes e ao profesorado unha ampliación de información e de entretemento sobre os obxectos de estudo, como por exemplo a posibilidade de que o dispositivo móbil etiquete e describa monumentos de referencia en Galicia a través da realidade aumentada, ou de que se recreen sucesos naturais ou históricos a través da realidade virtual. No eido formativo preténdese, en definitiva, ofrecer a posibilidade dun modelo educativo envolvente, que permita achegar a información necesaria no momento no que sexa demandado tanto polo estudante coma polo profesor. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS