A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral para o Deporte organizan o 9 de febreiro a xornada “Faite dixit@l e tramita nun clic - Rexistro de Entidades Deportivas”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia, en Santiago de Compostela, e poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia en horario de 12:00 h a 13:30 h.
A Secretaría Xeral para o Deporte vén de emprazar a máis de 8.000 entidades deportivas de Galicia a actualizar a súa inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia. Nas vindeiras semanas estas entidades deberán achegar online, a través da sede electrónica da Xunta, a documentación necesaria para cumprir o trámite.
O obxectivo da xornada, dirixida aos responsables dos clubes deportivos galegos, é facilitarlles as nocións básicas sobre o funcionamento da sede electrónica, clarexar posibles dúbidas, difundir os servizos dispoñibles na sede e indicarlles as canles para obter máis información en caso de que a precisen durante a realización da xestión.
O enfoque da xornada será eminentemente práctico con exemplos sobre emprego dos diversos sistemas de identificación e sinatura dixital admitidos pola sede, incluído o sistema Chave365, que evita o uso do certificado dixital.
Aulas CeMIT participantes na xornada
As persoas interesadas en seguir esta xornada poden acercarse á aula CeMIT do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela (https://cdtic.xunta.gal/) ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia a dita xornada e así poder evitar desprazamentos innecesarios:
|
Provincia |
Concello |
Enderezo da Aula CeMIT |
URL GoogleMaps |
|
A Coruña |
Santiago de Compostela |
Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo |
|
|
A Coruña |
Abegondo |
San Marcos, s/n, |
|
|
A Coruña |
Ames |
Praza de Chavián s/n |
|
|
A Coruña |
Arzúa |
Rúa Lugo, s/n |
|
|
A Coruña |
Brión |
Carballeira de Santa Minia, 2 -baixo |
|
|
A Coruña |
Coruña, A |
Rúa Terranova de Eirís, 7 |
|
|
A Coruña |
Narón |
Praza do Concello, s/n |
|
|
A Coruña |
Oroso |
Rúa do Deporte, 9 |
|
|
A Coruña |
Ortigueira |
Rúa Márquez Cortiñas s/n |
|
|
Lugo |
Barreiros |
Estrada da Praia, 1 – San Cosme |
|
|
Lugo |
Carballedo |
Praza Victor Portomeñe Carballedo (Santa Maria) |
|
|
Lugo |
Ribadeo |
Casa da Xuventude - Antonio Otero, 15-2º andar |
|
|
Ourense |
Bande |
Casa do Concello, 1º andar - Rúa San Roque, 2 |
|
|
Ourense |
Celanova |
Parque das Triguerizas, s/n |
|
|
Ourense |
Ourense |
Rúa do Abrevadeiro 1 |
|
|
Pontevedra |
Cuntis |
Casa do Médico - Circunvalación Don Aurelio, 65 |
|
|
Pontevedra |
Poio |
Carreiro do Campo, 17 |
|
|
Pontevedra |
Pontevedra |
Avenida Montero Ríos, s/n |
|
|
Pontevedra |
Valga |
Ferreirós, 1 |
En total disponse de máis de 260 prazas para asistentes, das que 25 están dispoñibles presencialmente na aula CeMIT no CDTIC en Santiago de Compostela e o resto para seguir por videoconferencia.
Pódense consultar os datos de contacto das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/centros
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.