main content

main content
17/01/201808:01
Inauguración do seminario Modernización Dixital das Administracións Públicas en Galicia.
Santiago de Compostela

A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre do ano unha nova sede electrónica centrada nos servizos aos cidadáns

  • É un dos obxectivos do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 para consolidar o proceso de transformación dixital que se está a levar a cabo en Galicia
  • A directora da Amtega inaugurou hoxe o Seminario “Modernización Dixital das Administracións Publicas”, no que tamén participou a directora xeral de Pesca, e o xerente do Sergas
  • Mar Pereira adiantou outros obxectivos para 2018 como a aprobación da Lei de Administración dixital de Galicia, o iniciou da reformulación das Oficinas de Rexistro ou a creación da figura do funcionario habilitado
  • No eido do Mar, Mercedes Rodríguez subliñou que a plataforma tecnolóxica da pesca ofrece servizos ao sector para servirlle de apoio na xestión dos recursos pesqueiros e na súa rastrexabilidade e tamén información sobre o eido marítimo-pesqueiro

 

A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre deste ano unha nova sede electrónica, centrada nos servizos ao cidadán, adaptada a un mellor uso dende dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do perfil do cidadán ou empresa. Este foi un dos obxectivos que destacou a directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na inauguración esta mañá do Seminario “Modernización Dixital das Administracións Públicas en Galicia” no que tamén participou directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa.

Mar Pereira sinalou que Galicia vén traballando na transformación dixital da Administración desde o ano 2010 cun Plan de Modernización que permitiu á Comunidade chegar á entrada en vigor das novas leis estatais 39 e 40/2015 coas principais pezas dunha administración integramente dixital en marcha e adiantarse, incluso, a algunhas das esixencias que estaban marcadas para 2018. É o caso do Arquivo Electrónico ou da posta en marcha da dixitalización do Rexistros Xeral e das Delegacións provinciais da Xunta.

A máxima responsable da política tecnolóxica da Xunta lembrou hoxe que o Goberno galego iniciou o pasado a elaboración da Lei de Administración dixital de Galicia, que se prevé aprobar en 2018 e que dotará á Comunidade dun marco normativo único que eliminará a dispersión normativa existente, potenciará un novo modelo de complementariedade entre administracións e permitirá ofrecer nunha maior eficacia, eficiencia e simplificación dos procedementos.

Entre as medias máis inmediatas do Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020, a directora da Amtega sinalou o inicio da reformulación das Oficinas de rexistro como oficinas de atención, que facilitarán a relación de cidadán e empresas coa administración a través dos medios dixitais; a posta en marcha a figura do funcionario habilitado e o rexistro de apoderamentos, que posibilitarán a autorización dunha persoa ou funcionario para realizar trámites telemáticos en nome doutra persoa.


Dixitalización no eido do Mar

Ademais, a xornada contou coa participación da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, que falou da modernización dixital no eido do mar e do traballo da plataforma tecnolóxica da pesca, un proxecto da Xunta que se materializa na web pescadegalicia.gal e que facilita ferramentas de xestión ao sector e información sobre o eido marítimo-pesqueiro.

Neste sentido, a directora xeral explicou que a plataforma ofrece unha serie de servizos aos sectores produtivos e comercializadores, para servirlles de apoio na xestión dos recursos pesqueiros e na súa rastrexabilidade, en concordancia coas esixencias legais existentes. Ademais, este espazo inclúe datos do rexistro de buques pesqueiros, estatísticas de pesca fresca en Galicia, de acuicultura e outra información de interese sobre o sector e para o sector como os tamaños mínimos autorizados para a extracción de especies ou o calendario de mareas.

Outro proxecto da Consellería do Mar que destacou a directora xeral é o dos caixeiros automáticos Ticpesc, instalados nos portos pesqueiros e que permiten ao sector realizar diversas xestións e consultas relacionadas coa súa actividade as 24 horas do día durante os 365 días do ano. A través destes caixeiros, sinalou Mercedes Rodríguez, no 2017 o sector emitiu preto de 66.800 documentos da actividade pesqueira (documentos de transporte, de orixe e de rexistro, entre outros).

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS