main content

main content
11/12/201709:12
Mapa das oficinas de rexistro.
Santiago de Compostela

O portal da Xunta conta cunha nova canle de axuda para facilitar o uso dos principais servizos da Administración electrónica

  • Está dispoñible no espazo eServizos da web e ofrece asistencia en liña, manuais de uso e avisos sobre a sede electrónica, Chave365, notifica.gal e a sala de sinaturas
  • O portal da Administración recibe máis de 6 millóns visitas ao ano, máis dun 18% xa proceden de redes sociais e un 43% realízanse desde dispositivos móbiles
  • Increméntase o uso dos servizos en mobilidade con 28 apps dispoñibles, que acumulan máis de 650.000 descargas

 

O portal da Xunta vén de activar o soporte técnico eServizos para axudar aos cidadáns nas súas xestións online a través da sede electrónica e no uso de Chave 365, notifica.gal e a sala de sinaturas. Está dispoñible a través do espazo eServizos de xunta.gal (https://www.xunta.gal/eservizos) e ofrece asistencia en liña, guiando a usuario en función das súas dúbidas; manuais de axudas e respostas a preguntas frecuentes, así como avisos en caso de interrupción destes catro servizos da Administración electrónica.

Cómpre lembrar que a sede electrónica da Xunta facilita a cidadáns e empresas ata 1.400 xestións online coa Administración. O Servizo Chave 365 simplifica o acceso á sede electrónica a través dunhas claves no móbil do usuario, evitando así o uso de certificados dixitais. O sistema de notificacións electrónicas da Xunta envía ao móbil ou ao correo electrónico do usuario o aviso de que ten unha notificación da Administración e a sala de sinaturas permite asinar documentos online.

Con este nova canle de axuda online búscase facilitar o uso destes servizos dixitais, cuxa porta de entrada é xunta.gal. O portal autonómico ten unha media anual de 6 millóns de visitas, das que máis do 18% proceden xa de redes sociais e máis dun 43% se realizan a través de dispositivos móbiles.

 

Presencia da Administración na Rede

Actualmente, o catálogo de portais e redes sociais da Xunta suma a día de hoxe 250 sitios web e 287 canles en redes sociais, que contan con máis de 1,3 millóns de seguidores.

O reforzo da presenza da Administración autonómica en Internet forma parte da estratexia da transformación dixital que vén desenvolvendo a Xunta a través do Plan de Administración e Goberno Dixital, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia (Amtega). Esta liña de actuación plasmouse na reorganización, simplificación e renovación da rede e portais baixo uns criterios de homoxeneidade e no impulso da presenza en redes sociais.

 

Apps e reutilización da información do sector público

Para dar  resposta ao incremento de servizos en mobilidade  impulsouse a publicación de aplicacións para dispositivos móbiles. Actualmente, son 28 as apps da Xunta, acumulan más de 650.000 descargas e abranguen servizos  para demandantes de emprego (Mobem), para o ámbito educativo (abalarMóbil), para a mocidade (Carné Xove), relacionadas coa meteoroloxía (Meteogalicia, MeteoRoute), coa pesca (Non piques-Non peques), co turismo (Enoturismo, Sendegal, Turismo de Galicia, Bono Iacobus), e coas TIC na empresa (aplicación do Centro Demostrador TIC, CDTIC).

Fomentar a reutilización de información do sector público por parte de terceiros é outra das liñas de actuación do Plan de Goberno Dixital. O portal Abert@s ofrece 350 conxuntos de datos en formatos abertos que no que levamos de ano rexistrou máis de máis de 39.000 descargas.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS