main content

main content
23/11/201709:11
Entrega do premio.
Madrid

As mulleres de “Teño unha horta en San Sadurniño” colleitan en Madrid un novo premio

O proxecto audiovisual e de inclusión dixital “Teño unha horta en San Sadurniño” acaba de recibir en Madrid o premio como mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores, outorgado pola fundación DomusVi. Catro das súas protagonistas, a dinamizadora Carmen Suárez, o alcalde e maila concelleira de Cultura participaron no serán deste martes na gala de entrega de galardóns, celebrada no Teatro Amaya de Madrid nun acto presentado polo mago e humorista Luis Piedrahita. O premio, dotado con 3.000 euros para continuar co proxecto, é o terceiro que reciben este ano as mulleres de “Teño unha horta en San Sadurniño”, logo de ganaren tamén o certame Youtubeir@s no apartado vídeo-opinarmos e o do Carballo Interplay na sección de mellor web-serie galega. 

A fundación DomusVi -denominada ata hai pouco Geriatros SARQuavitae-  ten entre os seus obxectivos impulsar a formación e o coñecemento arredor da atención ás persoas maiores, como parte dun grupo que xestiona en España case 22.000 prazas en 153 residencias e centros de día.

Desde o ano pasado convoca uns premios cos que recoñecer o compromiso social de persoas e institucións que contribúen dalgún xeito a mellorar a calidade de vida neste ámbito da poboación. Están divididos en distintas categorías que van desde as iniciativas que se desenvolven en centros de ensino ata aquelas que premian a innovación no sector sociosanitario, o traballo dos medios de comunicación ou as boas prácticas profesionais no coidado de persoas maiores.

“Teño unha horta en San Sadurniño” participou no apartado dedicado a colectivos que desenvolvan propostas sociais, culturais e solidarias cun marcado protagonismo e activismo da xente de maior idade. Requisitos que o proxecto de San Sadurniño cumpre e que lle valeu facerse co primeiro premio da categoría.

A entrega dos galardóns celebrouse onte á tardiña en Madrid. Ata alí foron convidadas pola fundación Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos e Cruz Piñón (só faltou Lucía Pita); ademais da coordinadora do proxecto, Carmen Suárez, Secundino García e a responsable de Cultura, Sabela Íñiguez. O acto tivo lugar no teatro Amaya e estivo conducido por Luis Piedrahita. Nel tamén resultaron premiados, entre outros, o programa “Convivir” da Radio Galega -dirixido por Clara de Saa- e o exdiplomático Inocencio Arias.

“Teño unha horta en San Sadurniño” é froito dunha idea nacida hai case tres anos -daquela chamábase “Teño unha granxa en San Sadurniño”- coa idea de promover a creación dixital entre as persoas de máis idade e por en marcha unha canle en youtube que axudase a preservar os saberes agrogandeiros de toda a vida.

O proxecto botou a andar no seo do programa CeMIT-Innova apoiado pola AMTEGA e FUNDETEC, pero pouco a pouco foi adquirindo vida propia, colgando cada vez máis vídeos sobre cultivos tradicionais e experiencias con novos produtos. Andan xa polo medio cento videotutoriais, teñen case un milleiro de persoas suscritas á súa canle e achéganse ás 290.000 reproducións, entre as que cómpre destacar a do vídeo viral de hai uns meses sobre a aparición na horta dunha planta ventureira de cánabo, confundida polas protagonistas cun pé de marihuana.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS