main content

main content
22/11/201709:11
Membros e colaboradores de Activage Galicia.
Santiago de Compostela

O proxecto ACTIVAGE arrinca hoxe o seu piloto de Galicia no showroom tecnolóxico da Corporación Televés

  • Este proxecto está financiado polo Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea Horizonte 2020, e conta cun orzamento de 25,3 millóns de euros e un prazo de execución de 42 meses

 

ACTIVAGE en Galicia está liderado por Televés e conta coa participación da Cruz Vermella Española, a Fundación Vodafone España, a Universitat Politècnica de Valencia e do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Conta tamén coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), como membro do Advisory Board, e a Fundación Tecsos como asesor en tecnoloxías sociais. O pasado mes de xullo o consorcio asinou un convenio coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para colaborar na definición dos criterios de selección de usuarios e facilitar a súa participación nas probas piloto.

O arranque da fase de pilotaxe realizouse utilizando unha contorna simuladora que representa unha vivenda tipo, no cal se realizaron diferentes probas orientadas a validar a correcta integración do equipamento despregado no fogar (sensores, actuadores, rexistros, etc.) contra os sistemas de información e xestión do SERGAS e da Cruz Vermella.

En fases posteriores do proxecto, realizaranse pilotos con usuarios reais nas súas vivendas habituais, co obxectivo de alcanzar 700 fogares en Galicia no prazo de 2 anos, para o que xa se traballa na selección de usuarios no ámbito social e sociosanitario, e na definición de modelos formativos.

O sentido destes traballos é avanzar cara a solucións de telecoidado no fogar e na detección temperá dos riscos asociados ao envellecemento e a deterioración cognitiva, a través da análise das rutinas de conduta e o seguimento de pacientes crónicos. Os resultados que se obteñan servirán tamén para construír unha rede social dixital con vídeo-comunicación entre persoas maiores para evitar o illamento e a soidade, e un sistema de seguimento de pacientes crónicos ou pre-crónicos.

A visión de ACTIVAGE é ser un referente global para demostrar que ecosistemas estandarizados, seguros e interoperables facilitan novos modelos de negocio e solucións efectivas para  promover o envellecemento activo e saudable, sendo un catalizador para o investimento coordinado de recursos públicos e privados, impulsando a demanda de servizos e a competitividade da industria a través da innovación.

ACTIVAGE é unha gran iniciativa de I + D + i baseada nas tecnoloxías da información que ten por obxecto desenvolver solucións baseadas na internet das Cousas para facer fronte ao aumento da esperanza de vida, promovendo o envellecemento activo e saudable. Está coordinado por Medtronic e apoiada polo Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea Horizonte 2020, e conta cun orzamento de 25,3 millóns de euros e un prazo de execución de 42 meses.

A actividade do proxecto pode seguirse nas seguintes ligazóns:

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS