main content

main content
10/11/201709:11
Presentación de
Santiago de Compostela

A Amtega súmase ao IGAPE, EOI e Orange para estender o programa “Se Dixital” para o desenvolvemento do emprendemento e a xeración de emprego en Galicia

  • Esta colaboración amplía o alcance do convenio asinado en maio entre o IGAPE, a escola e a operadora para convidar aos municipios galegos a que se unan a este proxecto de capacitación dixital cidadá.
  • ‘Se Dixital' preparará aos cidadáns e empresarios locais para a nova economía dixital mediante a aplicación das novas tecnoloxías á súa vida diaria e ao desenvolvemento e dinamización dos seus negocios.
  • Desde o seu lanzamento en marzo de 2016, participaron nesta iniciativa online de capacitación cidadá unhas 6.000 persoas de municipios de toda España.

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), uniuse ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), á Escola de Organización Industrial (EOI) e a Orange España para iniciar unha segunda fase do programa gratuíto de formación online “Se Dixital” en Galicia. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a competitividade da economía local e capacitar no uso e aproveitamento das novas tecnoloxías aos cidadáns que desexen desenvolver os seus negocios e formar parte da revolución dixital. Desta forma, contribúese, ademais, na xeración de actividade económica e de emprego e na retención do talento local nos municipios galegos que se adhiran ao programa.

Esta colaboración amplía o alcance do convenio asinado en maio entre o IGAPE, a escola e a operadora para convidar os municipios galegos a que se adhiran a este proxecto de capacitación dixital cidadá.
A economía dixital crea novas oportunidades de negocio, que á súa vez xeran novas necesidades formativas en ferramentas dixitais, innovación e emprendemento, ás que responde o programa ‘Se Dixital'. Por esta razón, o IGAPE e a Amtega, así como os Concellos dos municipios galegos adheridos ao programa, impulsarán activamente entre os seus cidadáns a participación nestes cursos, que teñen unha duración de seis semanas e para os que é necesaria a inscrición na web do programa sedigitalylanzate.es.

O período de formación concluirá o 30 de novembro e é posible incorporarse ao mesmo ata quince días antes da súa finalización.

Inicialmente adheríronse a esta segunda fase do programa “Se Dixital” as seguintes localidades: Boiro, Fisterra, Ortigueira e Sada na provincia da Coruña; Carballedo, Ribadeo e Sarria en Lugo; Celanova e Leiro en Ourense; e Porriño e Valga, en Pontevedra. De maneira complementaria, e no marco do convenio asinado pola Xunta de Galicia (a través do Igape) con Orange e EOI, en breve está prevista tamén a adhesión de Carballo e Arzúa na provincia da Coruña; Viveiro e Monforte de Lemos, en Lugo; Verín, Carballiño, O Barco e A Rúa, en Ourense; e Vilagarcia de Arousa, A Estrada, Redondela e Marín en Pontevedra.

A iniciativa inscríbese, ademais, no marco das actividades derivadas da incorporación de Orange ao colectivo de máis de 700 aliados dixitais do “Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020”, impulsado pola Amtega, ao que se poden sumar aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O “Plan de Inclusión Dixital” é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS