main content

main content
21/09/201708:09
Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo.
Santiago de Compostela

A Amtega e o CPEIG organizan a “Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo”

  • O encontro terá lugar o día 29 de setembro na EGAP e está dirixido tanto a xuristas como a non xuristas
  • Intervirán o catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas, Miguel Ángel Davara, e a directora da Axencia Española de Protección de Datos, Mar España

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), abren a inscrición á “Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo”, que contará cos relatores Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE), e Mar España Martí, directora da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá o vindeiro 29 de setembro a partir das 10 da mañá as charlas, que van dirixidas tanto a non xuristas como a profesionais relacionados co Dereito. A xornada inscríbese no convenio que o CPEIG ten coa Amtega. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en eventos@cpeig.gal.

 

Relatores

Miguel Ángel Davara é doutor en Dereito e socio-fundador da firma de asesores xurídicos Davara & Davara, Asesores Xurídicos, especialistas en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE), é tamén coordinador da Área de Informática Xurídica de ICADE.

Davara é director do Mestrado en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de ICADE e director dos Cursos de Doutorado en Dereito Informático na mesma Universidade. Tamén exerce como profesor da materia Implicacións socio-xurídicas das Tecnoloxías da Información na Escola de Enxeñaría Informática de ICAI. Asemade, o relator é membro do Grupo de Asesores Legais en Tecnoloxías da Información da Unión Europea en Luxemburgo (DG Sociedade da Información).

Pola súa Banda, Mar España é licenciada en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas, Mestrado en Protección Internacional en Dereitos Humanos pola Universidade de Alcalá e experta en xestión de entidades sen ánimo de lucro pola Fundación Luis Vives. É funcionaria de carreira do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado na especialidade xurídica desde 1989.

En canto á súa actividade académica, foi profesora do Mestrado de Protección Internacional de Dereitos Humanos da Universidade de Alcalá, profesora do Mestrado de Acción Política do Colexio de Avogados na Universidade Rey Juan Carlos e profesora colaboradora de Dereito Administrativo en ICADE. O CPEIG outorgoulle este ano o recoñecemento de colexiada de honra.

Baixo o seu mandato como directora da AEPD desde xullo de 2015, este organismo puxo en marcha un Plan Estratéxico con máis de 100 iniciativas que inclúe, entre outros puntos, o desenvolvemento de accións que favorecen a innovación e a confianza dixital, así como a realización de labores proactivos para detectar o impacto que poden ter os novos desenvolvementos tecnolóxicos na privacidade. Neste sentido, a Axencia creou a Unidade de Avaliación e Estudos Tecnolóxicos, que ten entre as súas funcións o establecemento de canles de colaboración tecnolóxica con universidades e grupos profesionais.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS