main content

main content
08/09/201714:09
Xuventude Galicia Net R Encounter.
Silleda

Máis de 800 mozos e mozas acoden ao ‘Xuventude Galicia Net R’ que abre hoxe as súas portas no recinto feiral da Semana Verde

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inauguran o evento informático
  • Alfonso Rueda indica que a Xunta segue a cumprir o compromiso de diversificar a actividade da Semana Verde, de buscar novas oportunidades e continuar incluíndo novos eventos no calendario de feiras
  • Pola súa banda, José Manuel Rey Varela, enmarcou este evento na vontade da Xunta de Galicia de favorecer e potenciar a educación e a formación da xente nova no manexo das novas tecnoloxías

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela inauguraron esta mañá o evento informático Xuventude Galicia Net R Encounter que hoxe abre as súas portas e ao que está previsto que asistan máis de 800 mozos e mozas durante a fin de semana.

Alfonso Rueda explicou que este encontro que acada xa a súa décimo sétima edición, consolídase como a maior party informática que ten a nosa Comunidade, con numerosas actividades previstas, algunhas das cales están abertas a todo o público, e que se leva a cabo no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca que se converte así nestes días nun punto de encontro que abrangue a participación da mocidade galega. Así mesmo indicou que a Xunta segue a cumprir o compromiso de diversificar a actividade da Semana Verde, de buscar novas oportunidades e de continuar incluíndo novos eventos no calendario de feiras.

Pola súa banda, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, enmarcou este evento na vontade da Xunta de Galicia de favorecer e potenciar a educación e a formación da xente nova no manexo das novas tecnoloxías. Ao respecto, apuntou que XGN R Encounter “é un marco axeitado para que os mozos e mozas se poidan achegar á sociedade da información e ao manexo das novas tecnoloxías, sobre a base da interacción e o intercambio de experiencias”.

Nesta liña, o titular de Política Social insistiu en que desde hoxe e durante a fin de semana o recinto feiral de Silleda “convértese nun espazo de aprendizaxe no que se potencia a formación e a aprendizaxe lúdica no eido das novas tecnoloxías”.

Á inauguración tamén asistiron o director xeral da Feira Internacional de Galicia, Ricardo Durán; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez; ademais do presidente e do secretario xeral do grupo Euskaltel, Alberto García e Francisco Javier Allende, respectivamente; o xerente da Fundación Euskaltel, e organizador da Encounter, Sabino San Vicente, e o director xeral de R, Alfredo Ramos.

O presidente do grupo Euskaltel, Alberto García, manifestou que “é unha honra colaborar co XGNR Encounter, que este ano conta cunha velocidade de 10 gigas, o que supón multiplicar por cinco a velocidade do ano pasado, mediante unha rede de alta capacidade a través dun cable de 120 quilómetros despregado por R que conecta o recinto de Silleda con Vigo”.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS