main content

main content
06/09/201710:09
Logos COETG-AETG.
Santiago de Compostela

Fallados os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2017 do COETG/AETG

  • Paulino González Pan, distinguido co título de Enxeñeiro do Ano 2017
  • Mar Pereira, directora da Amtega, galardoada como Socia de Honra 2017

 

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de fallar os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2017, que serán entregados no transcurso da XXII Noite Galega das Telecomunicacións, que se celebrará o vindeiro 29 de setembro na Coruña.

premio Enxeñeiro do Ano recaeu en Paulino González Pan pola súa exemplar traxectoria profesional e o seu fondo compromiso co desenvolvemento do sector das telecomunicacións no noso país e co Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

premio Socia de Honra foi para Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola súa contribución ó desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación na nosa Comunidade e o seu compromiso co despregue da banda larga e a vertebración dixital do noso país, a implantación da Administración electrónica e a aceleración da economía dixital.

premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC foi para Situm Technologies, polo desenvolvemento de produtos tecnolóxicos relacionados co posicionamento en espazos interiores, e pola súa aplicación a mercados amplos. Ademais, tívose en conta a orientación desta empresa á exportación, á I+D+i e á creación de emprego tecnolóxico.

premio ó Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado en colaboración coa Amtega, recaeu en Balidea Consulting & Programming, polo seu proxecto UnderstAID, unha plataforma de asistencia a persoas que coidan de pacientes con demencia. O xurado tivo en conta a sinxeleza coa que a ferramenta resolve esta necesidade social, e o seu potencial para chegar a un gran número de usuarios.

premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ó sector TIC recaeu en Alejandro Ramos Soto, por "Aplicación de conxuntos difusos en sistemas de date-to-text". O xurado salienta o innovador desta técnica, empregada para xerar escritos en linguaxe natural a partir de datos, xunto co seu alto impacto en publicacións de referencia. A sanidade, a meteoroloxía, ou a educación son algúns dos ámbitos nos que este traballo xa ten demostrado a súa utilidade.

premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, concedéuselle a FINSA pola súa evolución cara a produtos de alto valor engadido, na cadea de transformación da madeira, e pola súa expansión nacional e internacional, as que contribuíron a renovación tecnolóxica das súas infraestruturas TIC, tanto nas súas oficinas como nos seus centros de produción.

Por último, o premio ó Mellor expediente académico do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo foi para Víctor Manuel Segura Sieiro.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS