main content

main content
03/08/201709:08
Cartel das xornadas.
Santiago de Compostela

Fegaus e a Amtega organizan, a través da rede CeMIT, 7 novas xornadas sobre diversas funcionalidades e aplicacións que podemos atopar no uso dos móbiles ou tabletas, dirixidas a persoas maiores

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Amtega, ofrece o seu segundo ciclo formativo sobre o manexo de móbiles e tablets.

Este segundo itinerario formativo, que comezará o próximo 8 de setembro e rematará o 20 de outubro leva por título “Usa as novas tecnoloxías para unha madurez máis activa e positiva” e está destinado a persoas cun nivel de uso básico das novas tecnoloxías.

Os contidos están orientados a sacar o maior proveito ao uso habitual da tecnoloxía mediante o descubrimento de novas aplicacións ou funcionalidades (video dixital, compra a través de internet, relacións coa administración, aplicacións para viaxes, para coidar a saúde ou a compartición de contidos nas redes sociais)

Nesta quenda as actividades chegarán a 16 aulas da rede CeMIT, que ofertan preto de 300 prazas en total, e cuxa inscrición figura aberta na web https://cemit.xunta.gal.

As aulas nas que poderán seguir calquera destas 7 actividades son: Arzúa, Bande, Beariz, Betanzos, Boborás, Celanova, Cuntis, Fisterra, Marín, Oroso, Padrón, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Valga e Vilanova de Arousa. Os seminarios impartiranse presencialmente desde unha aula CeMIT, de forma rotatoria, e poderán seguirse por videoconferencia nas restantes aulas.

Para anotarse nestas charlas, de hora e media de duración cada unha delas e de carácter gratuíto, é recomendable poñerse en contacto co responsable da aula CeMIT ou inscribirse a través de internet, cara a reservar praza para acudir ás sesións presenciais.

 

Estrutura dos seminarios

Os seminarios realizaranse todos os venres comprendidos entre o 8 de setembro e o 20 de outubro (7 xornadas), en horario de 11:00 a 12:30 horas, presencialmente nunha aula CeMIT e seguíndose nas demais aulas CeMIT por videoconferencia.

O alumnado disporá dun soporte titorial que realizará FEGAUS, a través dos seus titores online, de forma que tras finalizar cada un dos seminarios poidan acceder a máis información relativa aos contidos da materia tratada, que se incorporará na plataforma de teleformación coa que conta a rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/ema), así como á resolución de dúbidas como nun curso online tradicional.

 

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliad@s Dixitais

FEGAUS é un dos 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ao que se poden adherir como tales aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Esta estratexia, impulsada pola Administración autonómica estase a desenvolver en colaboración cos axentes do ecosistema dixital, o que permite sumar capacidades, recursos e iniciativas e conseguir un efecto multiplicador das actuacións.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS