main content

main content
06/07/201709:07
Mar Pereira no congreso de Mundos Dixitais.
A Coruña

Mar Pereira destaca o potencial dos contidos dixitais na innovación dos diferentes sectores produtivos e na xeración de emprego

  • Lembra que a Xunta puxo en marcha o Programa Viraxe TIC cos clústeres audiovisual e tecnolóxico de Galicia para impulsar o sector na Comunidade
  • As tres entidades están a elaborar un estudo para identificar as principais oportunidades de negocio neste ámbito
  • Destacou que as novas tendencias dixitais están a xerar unha demanda continua de novos perfís profesionais e que Axenda Dixital galega contempla medidas para darlle resposta

 

O sector dos contidos dixitais presenta un enorme potencial polas súas múltiples aplicacións ao resto dos sectores produtivos, tanto na modernización e innovación do sector audiovisual, dos contidos culturais e do entretemento como pola capacidade de dinamizar ámbitos como o turismo, a educación ou a sanidade. Así o recoñeceu a directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na presentación da 16ª edición do Congreso Internacional Mundos Dixitais, que se celebra na Coruña do 6 ao 8 de xullo.

A responsable da política tecnolóxica da Xunta lembrou que, desde esta perspectiva, a Xunta en colaboración cos clústers audiovisual e tecnolóxico de Galicia puxo en marcha o Programa Viraxe TIC para posicionar á nosa Comunidade no ámbito innovador dos contidos dixitais. Entre as súas iniciativas está en marcha a elaboración dun estudo para identificar as principais oportunidades de negocio neste ámbito e analizar as perspectivas do sector ante as novas tendencias.

Segundo explicou Mar Pereira, o estudo busca ser o punto de partida para, nun futuro, apoiar proxectos de innovación tecnolóxica neste eido, establecendo mecanismos que incentiven o desenvolvemento dos novos produtos e servizos conxuntos entre o sector tecnolóxico e audiovisual galego.

Por outra banda, Mar Pereira destacou que as novas tendencias dixitais están dando lugar a un xurdimento continuo de novos perfís profesionais e, polo tanto, de novas oportunidades e demandas laborais ás que é preciso dar resposta. Pereira lembrou que este é un dos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia, que contempla medidas para impulsar o talento tecnolóxico na Comunidade, desenvolvemento de actuacións conxuntas cos Colexios profesionais e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impulsar vocacións tecnolóxicas e aliñar as capacidades dixitais dos profesionais galegos coas demandas do tecido empresarial.

O Congreso Internacional Mundos Dixitais reúne na Coruña a profesionais de ámbito nacional e internacional do mundo da animación, a realidade virtual, os videoxogos e a arquitectura dixital. Nesta 16ª edición están rexistrados máis de 650 participantes que asistirán a relatorios, obradoiros, entre outras actividades como unha feira de emprego ou unha exposición de proxectos innovadores e creativos.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS