O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) teñen estes días unha serie de novidades entre mans. Por unha banda, a asociación está a festexar este ano o seu 25 aniversario e o colexio o seu medio século de vida, con todo o que de especial significado ten esta celebración (décadas e máis décadas de intenso traballo a prol do desenvolvemento das comunicacións avanzadas na nosa terra). Pola outra, está a preparar os detalles da que será unha das grandes xuntanzas da tempada, xa non só do ámbito TIC, senón de todo o conxunto de “ámbitos” da nosa terra: a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Segundo nos recorda o novo director da AETG, Julio Sánchez Agrelo, a nova edición da gala xirará arredor da ciberseguridade. Ademais, como de costume, virá acompañada da entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións, cos que se recoñecen os proxectos e as persoas que traballan neles, pola súa contribución á sociedade a traveso das TIC.
A Noite Galega deste ano celebrarase o día 29 de setembro contando coa ciberseguridade como fío temático principal. Segundo nos contou recentemente o director da AETG, “escolleuse esta temática para analizar os diferentes factores que inflúen no afianzamento da utilización do espazo dixital de forma segura”. Estarán presentes neste foro todos os axentes implicados en ciberseguridade, tanto do ámbito privado como do público, para tomar consciencia da importancia do ciberespazo e a seguridade do mesmo no desenvolvemento económico e social.
Polo que respecta aos Premios Galicia das Telecomunicacións, divídense en tres categorías:
Segundo lembra o COETG-AETG, toda a información sobre as convocatorias dos premios está dispoñible na web corporativa www.aetg.gal.