main content

main content
26/06/201718:06
Galicia TIC.
Santiago de Compostela

Mar Pereira sitúa a conectividade, a dixitalización empresarial e da Administración entre os grandes obxectivos da transformación dixital

  • Lembra que o Goberno galego conta cunha estratexia, a Axenda Dixital de Galicia, con plans definidos para conseguir impacto social nestas áreas
  • Sinala entre os retos a afrontar a ciberseguridade, o impulso do talento dixital e a formación adaptada á demanda do mercado

 

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, definiu hoxe a transformación dixital como o afán por contribuír ao crecemento económico e á mellora social aplicando as vantaxes da tecnoloxía. A responsable da política tecnolóxica da Xunta lembrou que este proceso non é só tecnolóxico, senón que require tamén importantes doses de creatividade, valentía e perseverancia así como a implicación de moitos axentes.

Durante a inauguración de Galicia TIC, celebrada esta mañá en Santiago, Mar Pereira indicou que o Goberno galego puxo en marcha unha estratexia, a Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), con plans definidos para conseguir o impacto social e económico que poden achegar as TIC aos diferentes ámbitos da sociedade.

 

Obxectivos

Neste sentido, a directora da Axencia autonómica destacou a conectividade como un dos obxectivos da ADG, que xa ten en marcha un Plan para levar as redes ultrarrápidas a toda a Comunidade. Tamén destacou a transformación dos servizos públicos, un proceso, no que recalcou, entran en xogo outros factores como as reformas normativas que se están a levar a cabo para conseguir a Administración que esperan os cidadáns do futuro.

A dixitalización empresarial é outro dos eixos chave da transformación dixital, especialmente entre as pemes. Mar Pereira destacou a importancia de facilitarlles este proceso ás pequenas e medianas empresas e fixo un chamamento ao sector TIC para facer este acompañamento dun xeito sinxelo.

A directora da Amtega lembrou a importancia de evitar que ninguén quede fóra deste proceso. O Plan de Inclusión Dixital de Galicia, en marcha desde hai máis dun ano, ofrece a toda a sociedade galega as ferramentas para acceder á capacitación dixital, independentemente do grao de coñecemento do individuo.

 

Retos

Neste proceso de transformación dixital, a responsable autonómica apuntou entre os retos a afrontar a ciberseguridade, o fomento do talento TIC e a adaptación da formación actual a un mercado que demanda perfiles cada vez máis especializados. Ademais, Mar Pereira fixo fincapé en fomentar a inclusión das mulleres no sector tecnolóxico.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS