main content

main content
12/06/201708:06
Logo Mancomún.
Santiago de Compostela

A Amtega renova o portal mancomun para impulsar a difusión das iniciativas do ecosistema do software libre galego

  • Mellórase a visibilidade e a accesibilidade aos contidos e adáptase para o seu uso desde dispositivos móbiles
  • Incorpora novos apartados con información das solucións TIC libres dispoñibles, un directorio dos membros da comunidade do Software Libre galego e os principais documentos liberados no repositorio documental
  • A publicación do novo portal é una unha das actuacións recollidas no Plan de Acción en Software Libre 2017, que conta cun total de 110 actuacións

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de renovar o portal mancomun.gal cunha imaxe máis moderna e novas seccións para impulsar este espazo e consolidalo como o portal de referencia en materia de software libre en Galicia.

Mancomun recolle as novas e actualidade do ecosistema do software libre galego, así como toda a información sobre as distintas actuacións do Plan de Software libre impulsado pola Amtega. A nova versión de mancomun.gal mellora a visibilidade e accesibilidade aos distintos contidos cun deseño “responsive” adaptado para o seu uso desde dispositivos móbiles, xa sexan teléfonos ou tabletas.

 

Unha portada máis visual e con máis contidos

Entre as principais novidades destaca un deseño moito máis visual cunha portada que, ademais das novas que se viñan publicando no anterior portal, inclúe un banner superior coas máis destacadas e un espazo de informacións breves.

A continuación haberá accesos directos ao último dos informes de uso do software libre e ao último plan de acción así como ao último boletín de software libre para a administración pública, que se viña publicando mensualmente, e un novo boletín de software libre para as empresas. Amósanse tamén de seguido os últimos artigos tecnolóxicos con entrevistas a empresas e casos de éxito e finalmente inclúese tamén unha sección con contido audiovisual, ata o de agora inexistente no portal mancomún.

 

Novas seccións

A nova web mellora a experiencia de usuario simplificado a estruturación das seccións, como o apartado de solucións TIC, comunidade ou repositorio documental que gañan en presenza e contido.

O espazo “Solucións TIC” inclúe as solucións tecnolóxicas de software libre  categorizadas dirixidas tanto a empresas, administración como a cidadanía en xeral, entre as que se inclúen as solucións liberadas pola Xunta de Galicia no  Repositorio de software libre ou Forxa de Mancomún.

Así mesmo, o espazo “Repositorio Documental” tamén presenta de forma categorizada os principais documentos liberados no Repositorio Documental de Software Libre no wiki de mancomún para facilitar a súa localización e descarga.

Por último, a sección “Comunidade” é un directorio que recolle os membros da comunidade de asociacións, grupos informais ou entidades promotoras e difusoras do software, hardware e cultura libres, que existen en Galicia. Algunhas teñen un amplo percorrido e traxectoria temporal e outras son de máis recente creación, mais todas elas desenvolven un importante rol a prol da cultura libre e en aras de reducir a fenda dixital e de achegar as vantaxes do Software Libre a distintos sectores da sociedade galega.

 

Plan de Software Libre 2017

A publicación do novo portal é una unha das actuacións recollidas no Plan de Acción en Software Libre 2017 presentado o pasado 20 de maio, que conta cun total de 110 actuacións a desenvolver durante o presente ano, co obxectivo de promover a reutilización de software na administración pública, o impulso dunha oferta de solucións libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS