As persoas e os seus dereitos, a innovación así como os produtos e servizos ofrecidos, son elementos importantes dentro da oferta global do século XXI e débense ter en conta para poder atender as necesidades reais das persoas.
Baixo o lema “Accesibilidade 4.0” DRT4ALL (Deseño, Redes de Investigación e Tecnoloxía para Todos) e Turismo para Todos vólvense a fusionar nun único congreso.
Nesta edición, do mesmo xeito que nas anteriores, quérese mostrar o que a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos ou servizos poden facer polas persoas.
Unha parte importante do congreso será o intercambio de comunicacións para que a comunidade internacional poida coñecer de primeira man os avances que están a ter lugar nas distintas áreas de coñecemento que se abordan.
O Congreso contará con sesións conxuntas, nas que se exporán solucións e aplicacións das Tecnoloxías ao Turismo para todas as persoas, e sesións propias de cada temática.