main content

main content
16/05/201708:05
Logo Fegaus.
Santiago de Compostela

Fegaus e a Amtega organizan, a través da rede Cemit, 14 xornadas sobre o manexo de móbiles e tablets dirixidas ás persoas maiores

  • A Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors (FEGAUS) forma parte dos Aliad@s Dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020
  • Os seminarios organízanse en dous ciclos, o primeiro deles ata o 23 de xuño e o segundo terá lugar tras o período estival
  • Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web da Rede CeMIT

 

 

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Amtega, ofrece dous ciclos formativos sobre o manexo de móbiles e tablets.

O primeiro itinerario formativo, que comezou o pasado 12 de maio e rematará o 23 de xuño leva por título “Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tablet e goza de todo o que Internet che ofrecee está destinado a persoas cun nivel de uso inicial das novas tecnoloxías.

Esta primeira quenda chegará a 12 aulas da rede CeMIT, que ofertan preto de 200 prazas en total, e cuxa inscrición figura aberta na web https://cemit.xunta.gal. As aulas desta primeiro ciclo son: Arzúa, Beariz, Boborás, Catoira, Celanova, Cuntis, Fisterra, Marín, Oroso, Sada, Santa Comba e Valga. Os seminarios impartiranse presencialmente desde unha aula CeMIT e poderanse seguir por videoconferencia nas restantes aulas.

O segundo dos itinerarios, “Usa as novas tecnoloxías para unha madurez máis activa e positiva”, terá lugar unha vez remate o período estival, nos meses de setembro e outubro, cando se celebrarán outras sete xornadas con outras 200 prazas dispoñibles.

 

Estrutura dos seminarios

Os seminarios do primeiro ciclo realizarase todos os venres comprendidos entre o 12 de maio e o 23 de xuño (7 xornadas), en horario de 11:00 a 12:30 horas, presencialmente nunha aula CeMIT e seguíndose nas demais aulas CeMIT por videoconferencia.

O alumnado disporá dun soporte titorial que realizará FEGAUS, a través dos seus titores online, de forma que tras finalizar cada un dos seminarios poidan acceder a máis información relativa aos contidos da materia tratada, que se incorporará na plataforma de teleformación coa que conta a rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/ema), así como á resolución de dúbidas como nun curso online tradicional.

 

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliad@s Dixitais

FEGAUS é un dos 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ao que se poden adherir como tales a aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Esta estratexia, impulsada pola Administración autonómica estase a desenvolver en colaboración cos axentes do ecosistema dixital, o que permite sumar capacidades, recursos e iniciativas e conseguir un efecto multiplicador das actuacións.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS