main content

main content
26/04/201709:04
Logo do evento.
Santiago de Compostela

O Congreso #SilverBullet17, organizado polo CPETIG e a Amtega, reunirá en Santiago a grandes expertos en proxectos TI

  • Terá lugar o 11 de maio na Cidade da Cultura e amosará as últimas tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos a empresas, profesionais expertos, investigadores e docentes do ámbito tecnolóxico
  • Entre os relatores estará Jaume Gurt, director de Organización de Schibsted Spain, compañía que xestiona os portais Infojobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios

 

O vindeiro 11 de maio terá lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet17, o I Congreso de Xestión de Proxectos organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), concibido como un foro de debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos TI, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área.

Intervirán como relatores algúns dos máis relevantes profesionais do panorama actual. José Luis Iparraguirre, director de IAL Software Engineering; Carlos González Jardón, consultor de Xestión de Proxectos en Tecnocom; Javier Garzás, mentor áxil e experto en xestión de proxectos e equipos; Susana Gómez Carnero, CEO en Origami Soluciones e directora executiva de BNI Galicia; Javier Cebreiros, socio do espazo de innovación social Impact Hub Vigo e da empresa InfoJC; e Jaume Gurt, director de Organización e Desenvolvemento de Persoas en Schibsted Spain, compañía que xestiona os portais Infojobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios.

O nome do congreso #SilverBullet17 está inspirado nun coñecido antipatrón da área de xestión de proxectos, “a bala de prata”, mencionada inicialmente polo enxeñeiro de software Frederick P. Brooks en 1987 en alusión á inexistencia de metodoloxías, ferramentas ou solucións milagreiras que permitan que un proxecto que xa se converteu nun monstruo polos retrasos, os custos, a calidade, etc. volva ser un proxecto ben xestionado, algo que unicamente se podería facer cunha bala de prata.

Durante a sesión porase o foco nos tres factores que representan precisamente esa bala de prata: o traballo sistematizado desde o inicio do proxecto, a aplicación de metodoloxías adecuadas e o coñecemento sobre a xestión de proxectos. Ademais de amosar as últimas tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos, SilverBullet17 favorecerá a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado.

Máis información e formalización de inscricións en http://silverbullet.cpetig.org/gl/inicio/

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS