main content

main content
19/04/201708:04
Cartel da xornada.
Santiago de Compostela

A Amtega e o CPEIG celebrarán o 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s para promover o uso seguro de Internet entre os nenos

  • O evento desenvolverase na Cidade da Cultura cunha charla para pais e nais a cargo de David Calle, fundador de Unicoos, e obradoiros tecnolóxicos infantís

 

A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías.

A xornada, que se desenvolverá no Edificio CINC, comezará ás 16.30 horas coa recepción aos asistentes aos obradoiros de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con Scratch, dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade. Os talleres contan co apoio das empresas Arkitas Robótica e Tech Academy.

Cómpre levar ordenador para participar nos obradoiros e inscribirse previamente no seguinte formulario: https://www.eventbrite.es/e/entradas-rapacins-2017-33613194971.

 

Un dos mellores profesores do mundo

Namentres se desenvolven os talleres tecnolóxicos, os pais e nais terán a oportunidade de asistir á charla “Flipped classroom ou como darlle unha volta ás clases”, a cargo de David Calle, fundador de Unicoos e TOP10 no Global Teacher Prize 2017. A presentación do relatorio arrincará ás 17.30 horas. O acceso á conferencia será libre ata cubrir aforo.

David Calle, enxeñeiro de Sistemas de Telecomunicacións, creou Unicoos.com,  organización educativa sen ánimo de lucro e un sitio web en 2011. Está baseada na canle YouTube do mesmo nome, onde poden atoparse centos de vídeos de matemáticas, física, química e tecnoloxía, principalmente de contidos preuniversitarios (últimos anos de secundaria e bacharelato) e primeiros anos universitarios.

Con máis de 100 millóns de visitas e máis de 670.000 subscritores, Unicoos é a segunda canle educativa en español en todo o mundo en número de subscritores e a terceira en número de visitas. En Unicoos.com, academia en liña baseada nos vídeos, alumnado de todo o mundo dispón de balde de todo o que precisan para estudar: vídeos, teoría, exercicios resoltos, foros en liña en tempo real e exames de autoavaliación. É, ademais, unha útil ferramenta para que o profesorado cun marcado carácter practique “flipped classroom”.

 

Actividades de Rapaciñ@s ao longo do ano

Á parte do evento previsto para o 6 de maio, o programa Rapaciñ@s percorrerá Galicia nos vindeiros meses con charlas informativas a cargo das colexiadas e colexiados do CPEIG e obradoiros infantís. Por unha banda, familias e tamén docentes atopan información e recursos de interese; por outra, nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de actividades pensadas expresamente para eles co obxectivo de que se divirtan e aprendan.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS